Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2019

Actos de Xerais na Festa dos Libros de Pontevedra

Os días 5, 6 e 7 de xullo terá lugar a Festa dos Libros de Pontevedra na que Xerais ten programados os seguintes actos: Venres, 5 de xullo 19:00 horas: Manuel Rivas, acompañado de Fran Alonso, presenta Contra todo iso. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste.

Xavier Fonseca: «Neste libro derribamos algúns mitos sobre o clima de Galicia». Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre o libro: «Os tempos e o clima de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista a Xavier Fonseca sobre o libro: Os tempos e o clima de Galicia, publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Érica Esmorís: «Este libro xurdiu dun instante de felicidade». Entrevista no Diario Cultural sobre: «Quen salva un can»

O programa Diario Cultural, da Radio Galega, emitiu unha entrevista coa escritora Érica Esmorís sobre o libro: Quen salva un can. O libro está publicado por Xerais na colección: Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

O casamento de dúas mulleres que conmocionou á sociedade galega no 1901: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes». Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Gracia Novás sobre o libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares.

O “boom” do libro galego na volta ao mundo: «Esmeraldina, a pequena defunta», de Ledicia Costas e «A boca da terra», de Manuel Rivas. Reportaxe no xornal La Opinión

O xornal La Opinión da Coruña publicou unha reportaxe de Mar Mato sobre os libros escritos en galego por autores galegos que están a percorrer o mundo, na que se da conta de dous libros publicados por Xerais: Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas; e A boca da terra, de Manuel Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un título pioneiro, hoxe de culto e reeditado logo de anos fóra das librarías: «O fresco. Memorias dun fuxido (1936)», de Víctor F. Freixanes. Anotación no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre a reedición do libro: O fresco. Memorias dun fuxido (1936), de Víctor F. Freixanes. O libro está publicado por Xerais na colección: Crónica – Memoria. Imaxe: Ponteareas no tempo (Concello de Ponteareas) – Sermos Galiza.

Un libro da reivindicación das dignidades: « Transmatria», de Daniel Asorey. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Transmatria, de Daniel Asorey. O libro gañou o XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu, e está publicado por Xerais na colección Poesía.