Publicado o 30 Setembro, 2019 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Radio, Xuvenil
Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O grupo, de An Alfaya. O libro gañou o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018, e está publicado por Xerais na colección: Fóra de Xogo.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 5´.
Ler máis →
Publicado o 30 Setembro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Sopa de Libros, Xuvenil
O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: A nena, o monstro e o mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Martín Romero. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.
Ler máis →
Publicado o 30 Setembro, 2019 nas categorías Fóra de Xogo, Presentacións
O venres 4 de outubro de 2019 ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa do Forno 42, Marín, terá lugar a presentación do libro Dragal V. O segredo do dragón de Elena Gallego Abad.
No acto participarán Fran Alonso e Elena Gallego Abad. Paco Pernas de Petanaporta Teatro fará unha performance.
Organiza o acto o Ateneo Santa Cecilia en colaboración co Concello de Marín.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2019 nas categorías Edicións Singulares, Grandes Obras, Noticias
A revista Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega, publicou unha anotación sobre o libro: Diccionario dos seres míticos galegos, con motivo de cumprirse 20 anos da súa saída ao prelo.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Infamia, de Ledicia Costas, publicado por Xerais na colección Narrativa.
Infamia, de Ledicia Costas (Xerais)
Todas as persoas convivimos cun trauma, o cal ás veces que se supera e outras non.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2019 nas categorías LibroX, Presentacións
O xoves 3 de outubro de 2019, ás 19:30 horas, na Biblioteca Afundación, rúa Frei Rosendo Salvado 17-16, Santiago, terá lugar a presentación do libro Da Carapuchiña ao señor Lamote de Miguel Vázquez Freire.
No acto participarán Isabel Soto e Miguel Vázquez Freire.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2019 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Televisión, Xuvenil
Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.
A recomendación pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2019 nas categorías Críticas, Narrativa, Radio
O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Illas a sotavento, de Henrique Dacosta. O libro gañou o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, e está publicado por Xerais na colección: Narrativa.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2019 nas categorías Críticas, Milmanda
Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia, publicou unha anotación de Raquel C. Pico sobre o libro: Quérote. Eu tampouco, de Cecilia F. Santomé, publicado por Xerais na colección Milmanda.
Quérote.
Ler máis →
Publicado o 25 Setembro, 2019 nas categorías Entrevistas, Poesía
O xornal A Nosa Terra publicou unha entrevista de Xan Carballa á Helena González sobre o libro: Rosalía feminista, publicado por Xerais na colección Poesía. (Imaxe: A Nosa Terra).
Ler máis →
Publicado o 25 Setembro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
Antón García-Fernández publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas. O libro gañou o Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.
Ler máis →