Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2019

Unha triloxía que será unha das lecturas preferentes entre o alumnado e que ningún adulto debe perder: «Singamia 1.1», de Ramón Caride. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Singamia 1.1, de Ramón Caride, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.   Crítica de «Singamia 1.1» (Ramón Caride)   Xa os dous primeiros títulos da triloxía  AKTUAL (Exogamia 0.3 e Endogamia 0.

Suso de Toro: «O determinante do valor dunha obra para que sexa atendida é a posición de poder que teña o autor» Entrevista no «Praza Pública» sobre « Dentro da literatura»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Suso de Toro sobre o libro: Dentro da literatura, publicado por Xerais na colección Ensaio. (Imaxe: Mariña de Toro – Praza Pública).

Un libro sinxelo e fácil de ler que consegue encandilar ao lector: «Aire negro», de Agustín Fernández Paz. Anotación de Antía Suárez

Antía Suárez publicou no seu blog, Antíasreadings unha anotación sobre o libro: Aire negro, de Agustín Fernández Paz. O libro gañou o Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2001 – Lista de Honra do IBBY,2002 – Premio Protagonista Jove, 2002, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

«Galileo no espello da noite», de Xabier Paz, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Galileo no espello da noite, de Xabier Paz, publicado por Xerais na colección Narrativa. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Presentación en Betanzos de “O ceo das reixas” de Eli Ríos

O xoves 26 de setembro ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago 4, Betanzos, terá lugar a presentación do libro O ceo das reixas de Eli Ríos.

Bueu convoca unha nova edición dos Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo. Noticia no xornal Faro de Vigo

O Concello de Bueu convoca unha nova edición dos Premios de Poesía e Xornalismo Johán Carballeira, cunha dotación económica de 1.500 euros para ambas categorías e a publicación do premio de poesía por Xerais. O prazo de presentación de traballos remata o día 31 de xaneiro de 2020. A noticia foi recollida polo xornal Faro de Vigo.

«Infamia», de Ledicia Costas, na lista dos «best sellers» do verán. Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Caterina Devesa sobre os seis best sellers do verán, con mención a Infamia, de Ledicia Costas, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro escrito dende o corazón que supura a rabia e a impotencia ante unha sociedade inxusta: «Transmatria», de Daniel Asorey. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Transmatria, de Daniel Asorey, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Transmatria, de Daniel Asorey (Xerais)   A Rosalía de Castro condenárona durante moito tempo como poeta do sensible, a que supostamente cantaba ás flores e aos ríos.

Unha proposta necesaria e reivindicativa que contribúe a recuperar a voz dunha gran muller: «Poesía reunida (1982-2004)», de Xela Arias. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias, publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias (Xerais)   A Xela Arias sorprendeuna a morte no ano 2003 cando viña de dar ao prelo o seu derradeiro poemario, Intempériome.

Xesús Constenla: «Gústame explorar os lugares máis tépedos e máis turbios da experiencia humana» Entrevista no «Praza Pública» sobre « A rotura das paisaxes»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Xesús Constenla na que fala sobre o libro: A rotura das paisaxes, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Jorge Fernández Seoane- Praza Pública).   XESÚS CONSTENLA: “Non todo pode ser novela negra e material de consumo para institutos.

«Dentro da literatura», de Suso de Toro, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Dentro da literatura, de Suso de Toro, publicado por Xerais na colección Ensaio. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Dragal V” de Elena Gallego Abad

O xoves 26 de setembro de 2019 ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Dragal V. O segredo do dragón de Elena Gallego Abad. No acto participarán Anxo González Guerra e Elena Gallego Abad.