Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2019

Antonio García Teijeiro: «Este libro é un poemario alegre, optimista, onde a musicalidade xoga un papel importante». Anotación no xornal «Faro de Vigo» sobre: «Vento, ventiño, venteiro»

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo no que o escritor Antonio García Teijeiro reflexiona sobre o seu novo libro, Vento, ventiño, venteiro, ilustrado por María Lires e publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

As novidades de Xerais para o outono. Artigo no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou un artigo sobre as novidades de Xerais para este outono, libros entre os que subliña: As estacións do lobo, de María Reimóndez; O ceo das reixas, de Eli Ríos e Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira, entre outras publicacións.

«Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva, publicado por Xerais na colección Cómics. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Os gritos das illas Lobeiras», de Antón Cortizas. Unha aventura que transcorre nun lugar que só poden ver as persoas coñecedoras do seu segredo

Os gritos das illas Lobeiras, de Antón Cortizas, con ilustracións de Leandro Lamas, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Lino sufriu un ataque de poliomielite e por iso non puido ser mariñeiro.

Abi Castillo: «Facer `Pioneiras 2´ fíxome unha ilusión tremenda» Entrevista nos xornais «Diario de Pontevedra» e «La Voz de Galicia»

Os xornais Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia publicaron unha entrevista con  Abi Castillo, ilustradora do libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

Unha novela irónica e chea de humor cunha crítica ácida ao clasismo da sociedade: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Recensión: Eduard Velasco, « Os días felices de Benvido Seixas» Teño que recoñecer que non son un lector interesado na literatura de carácter cómico mais non foi fácil soltar esta divertida novela.

Presentación en Pontevedra de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro. Edición de Anxo Angueira

O luns 23 de setembro de 2019 ás 20:00 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa Don Filiberto, 9-11), terá lugar a presentación do libro En las orillas del Sar  de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra,  participarán Ana Acuña, Xaime Toxo, Fran Alonso e Anxo Angueira.

Novidade: «Rexurdimento: a palabra e a idea», de Anxo Angueira. Unha obra para repensar e cuestionar a historia cultural e política galega contemporánea

Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira, é unha novidade da colección Universitaria de Xerais. «Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea.

Ramón Caride: «Para min escribir é unha elección, algo que sinto que teño que facer». Entrevista no xornal «La Región»

O xornal La Región publicou unha entrevista de Mónica Vázquez Lopo ao escritor  Ramón Caride sobre os libros: Singamia 1.1 e Soños eléctricos, publicados por Xerais. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns. – Ramón Caride La Región 1. – Ramón Caride La Región 2.

Unha obra que nos obriga a explorar cales son os nosos monstros interiores: «Somos os monstros», de Paula Carballeira. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Somos os monstros, de Paula Carballeira, ilustrado por Ignacio Hernández. O libro gañou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, e está publicado por Xerais na colección: Biblioteca Dramática Galega. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Uns poemas nos que o vento percorre diferentes ambientes e mundos

Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas.

Un libro pioneiro que combina o rigor científico cun tratamento didáctico do tempo e do clima en Galicia: «Os tempos e o clima de Galicia». Anotación de Manuel Bragado no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Manuel Bragado sobre o libro: Os tempos e o clima de Galicia, de Alberto Martí, Juan José Taboada, Dominic Royé e Xavier Fonseca. O libro está publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.