Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2019

Novidade: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Unha obra que explora nos límites do amor e do arraigamento

As estacións do lobo, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá, nun banco conxelado do Englischer Garten. Todo por aquilo que a xente denominaba «amor».

Pura ficción literaria que convida a un mundo imaxinativo, moi diferente do real: «Penumbra», de Daniel Landesa. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Penumbra, de Daniel Landesa, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.   Crítica de «Penumbra» (Daniel Landesa)   Nos últimos cen anos a consideración do libro entre a xente mudou moito.

Arancha Nogueira Recibe o Premio Johán Carballeira polo seu poemario: «O silencio das gaivotas». Noticia no xornal «Diario de Pontevedra»

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha noticia asinada por Carolina Soliño sobre o acto de entrega dos Premios Johán Carballeira, que tivo lugar na Sala Domínguez Búa de Bueu o día 17 de agosto de 2019.

Un fito na recuperación da obra de quen sempre reivindicou a condición de muller escritora: «Poesía reunida (1982-2004)», de Xela Arias. Anotación de Manuel Bragado no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo, publicou unha anotación de Manuel Bragado sobre o libro: Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos.

Un libro que se le como unha novela: «O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936», de Víctor F. Freixanes. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes, publicado por Xerais na colección Memoria. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ana Varela: «Nunha sociedade que é un compendio de consumo, a poesía é un acto de rebeldía». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Onde nacen as hedras», gañador do Premio López Abente

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista coa escritora Ana Varela, gañadora do Premio Gonzalo López Abente co poemario: Onde nacen as hedras. O premio está convocado polo Concello de Muxía e a Fundación López Abente, tén unha dotación económica de 2.000 euros e implica tamén a publicación do libro por Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Nos meus libros hai sufrimento, pero sempre deixo un espazo importante para esas luces que escintilan no medio da noite» Entrevista no «Praza Pública» sobre « Infamia»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Ledicia Costas sobre o libro: Infamia e, en xeral, sobre os últimos libros publicados pola escritora. (Imaxe: Manuel G. Vicente – Praza Pública).   LEDICIA COSTAS: “En `Infamia´hai unha sociedade enferma.

Unha intensa vida de loita por unha democracia que nunca conseguiría: «Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón», de Luis Lamela. Anotación en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou no seu suplemento La Voz de Carballo unha anotación de Luis Lamela sobre o libro: Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, de Luis Lamela García. O libro está publicado por Xerais na colección: Crónica – Memoria. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un achegamento á adolescencia en estado puro na busca dun ideal estético e ético ao que aferrarse: «Segredos no solpor», de Iria Misa. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Ánxela Gracián sobre o libro: Segredos no solpor, de Iria Misa, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Érica Esmorís: «O meu proxecto é visitar protectoras nas catro provincias galegas para atopar nelas aos protagonistas da novela». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Quen salva un can»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de Ana Abelenda á escritora Érica Esmorís sobre o libro: Quen salva un can, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro moi, moi recomendable: «Antón e os inocentes», de Xosé Luís Méndez Ferrín. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro Antón e os inocentes, de Xosé Luís Méndez Ferrín. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Infamia», de Ledicia Costas, e «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijóo, na lista dos libros máis vendidos. Noticia no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo de A. de Santos sobre a lista dos libros máis vendidos, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Infamia, de Ledicia Costas, e Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijóo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.