Publicado o 31 Outubro, 2019 nas categorías Críticas, Infantil, Xabarín, Xuvenil
O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación de Eduardo Rolland sobre o libro: Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, con ilustracións de Dani Padrón. O libro está publicado por Xerais na colección: Xabarín.
A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 31 Outubro, 2019 nas categorías Básicos Ciencia, Divulgación
GCiencia, a revista on line de xornalismo e divulgación, publicou un test de 12 preguntas formuladas a partir do libro: Os tempos e o clima de Galicia, do que son autores Alberto Martí, Juan José Taboada, Dominic Royé e Xavier Fonseca. O libro está publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia.
Ao test pode accederse dende a seguinte ligazón.
Ler máis →
Publicado o 31 Outubro, 2019 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
Infamia, de Ledicia Costas, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C.M. Riveira, ademais do autor. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2019 nas categorías Cómic, Críticas
O xornal Praza Pública publicou unha anotación sobre o libro: Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny e Jean-Yves Ferri, con ilustracións de Albert Uderzo e Didier Conrad. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2019 nas categorías Críticas, Edicións Singulares, Grandes Obras
O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación asinada por Daniel Salgado sobre o libro: Dicionario dos seres míticos galegos, de Xoán R. Cuba, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, ilustrado por Lázaro Enríquez, con motivo de cumprirse 20 anos da súa saída ao prelo.
O que en verdade somos
O ‘Dicionario dos seres míticos galegos’ é un deses libros que inventa mundos. Ou máis ben rescátaos.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog que publica a Axencia de Lectura de Meiro publicou unha recensión crítica asinada por Daniel Chapela sobre o libro: Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXXI Premio Losada Diéguez (Creación Literaria), 2016.
‘Un animal chamado néboa’, de Ledicia Costas
Ninguén sabe cando vai rematar o pesadelo do asedio.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2019 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres 8 de novembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35, A Coruña, terá lugar un acto literario musical en conmemoración do 25 aniversario da publicación de En salvaxe compaña de Manuel Rivas, Premio da Crítica 1994.
No acto participarán Dores Tembrás, César Morán e Manuel Rivas.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2019 nas categorías Entrevistas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Selina Otero a Miguel Ángel López (El Hematocrítico) sobre o libro: Rapunzel con piollos, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. (Imaxe: Daniel Puente – La Opinión).
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, publicado por Xerais na colección Narrativa.
Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco
Supoño que non me tería achegado a esta novela se non houbese unha persoa que me asegurase que era divertidísima; ante isto, imposible negarse: andamos faltos de humor na nosa literatura.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, LibroX
O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Da Carapuchiña ao señor Lamote, de Miguel Vázquez Freire, publicado por Xerais na colección LibroX.
Da Carapuchiña ao señor Lamote, de Miguel Vázquez Freire (Xerais)
Hai un tempo que me interesa afondar na literatura infantil e xuvenil, e na historia da súa xénese.
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2019 nas categorías Crónica, Presentacións
O mércores 6 de novembro de 2019, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes 6, en Santiago, terá lugar a presentación do libro A morte de Galicia de Isidro Dubert (ed.).
No acto participarán Ramón Villares, Francisco Xavier González García, Fran Alonso e Isidro Dubert.
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2019 nas categorías Edicións Singulares, Grandes Obras, Noticias, Reportaxes
O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe asinada por Elena Ocampo sobre a charla-coloquio que se celebrou no Club Faro de Vigo sobre Elisa e Marcela, na que participou o catedrático Narciso de Gabriel, autor do libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →