Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2019

Un libro para gozar dunha boa tarde de realismo literario: «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Pilar Ponte sobre o libro: Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Axenda 2020». Todo o ano en galego

A Axenda 2020 (Axenda Dietario Cartoné, a día por páxina) é unha novidade de Xerais para o calendario de 2020. En palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso: ”Polas páxinas da Axenda Xerais pasa toda a nosa historia, desde os primeiros autobuses de liña, o primeiro tranvía, a chegada do tren e non sei cantas cousas máis.

Unha crítica á ficción histórica españolista: «Arte e escritura na Galicia medieval», de Anselmo López Carreira. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación asinada por Cilia Torna sobre o libro: Arte e escritura na Galicia medieval, de Anselmo López Carreira. O libro está publicado por Xerais na colección LibroX.   «Arte e escritura na Galicia medieval», de Anselmo López Carreira Estamos diante dun traballo chave para explicar as manifestacións artísticas da Galiza altomedival.

«Infamia», de Ledicia Costas, figura na selección de escritoras de literatura infantil e xuvenil realizada por librarías de toda España co gallo do Día das Escritoras

Infamia, de Ledicia Costas, figura na selección de escritoras de literatura infantil e xuvenil que prepararon librarías de toda España (Jarcha, Bibabuk Librerias L, Librerías Taiga, El Gusanito Lector,Libreria Central de Zaragoza, Librería Bahía,Librería Serendipias, Airadasletras, Librería Seijas– CEGAL (Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros) co gallo da celebración do Día das Escritoras.

Novidade: «O tatuador de Auschwitz», de Heather Morris. Un extraordinario relato de superación, amor e supervivencia no medio do Holocausto

O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris, conta a historia real de Lale e Gita, dous xudeus eslovacos que conseguiron sobrevivir ao Holocausto. Lale era un tatuador ao que os nazis obrigaban a gravar a numeración nos brazos dos prisioneiros.

Novidade: «Vinte mil leguas baixo dos mares», de Jules Verne. Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa aparición

Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, ilustrado por Dani Padrón, é unha novidade da colección Xabarín. A obra foi traducida por Mercedes Pacheco e Llerena Perozo O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño.

Lectura intensa e breve que prestará, e ben: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Crítica de «O ceo das reixas» (Eli Ríos)   Hai quen lle dá moita importancia a que as súas lecturas sexan longas, porque necesitan moito tempo para familiarizarse coas personaxes e a trama. Fan mal.

Novidade: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Espe e Rino coñecen un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, que resulta ser un extraterrestre

Conexión Macarrón , de Ledicia Costas, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar.

Novidade: «Rapunzel con piollos», de El Hematocrítico. Rapunzel é atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos!, que construíron unha cidade no seu cabelo e non pensan marchar

Rapunzel con piollos , de El Hematocrítico, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais. Rapunzel pasa o tempo na súa torre protexida de calquera perigo: bruxas malvadas, ogros, lobos… O que non espera é ser atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos! Estes bichiños multiplícanse rapidamente na súa longa melena, e non hai remedio contra eles.

Un libro que vai gustar á rapazallada: «O grupo», de An Alfaya. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: O grupo, de An Alfaya. O libro gañou o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Os Premios Xerais 2019, nos medios e na Rede

  O sábado, día 19 de outubro, no Museo do Mar de Galicia en Vigo, tivo lugar a festa de entrega dos Premios Xerais 2019. Á cita asistiron un numeroso número de persoas, entre as que se atopaban representantes das asociacións profesionais do sector do libro, escritoras, libreiras, bibliotecarias, profesoras e editoras. O acto estivo conducido pola xornalista Valeria Pereiras.

Fotogalería Premios Xerais 2019. Selección e fotos de Manuel G. Vicente