Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2019

Novidade: «A araña que lles tiña medo ás arañas», de Ramón D. Veiga. Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos arrepíos

A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D. Veiga, ilustrado por Iván Rodríguez Castro, é unha novidade da colección Pequeno Merlín – Álbums. Un sapo, unha ra, un galo, un lagarto, unha nena. A nada lle teme esta araña intrépida ata que… Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos arrepíos.

Novidade: «O lado do que dormes», de María Canosa. Unha novela que se vai entretecendo coas dúbidas e seguridades das mulleres

O lado do que dormes, de María Canosa, é unha novidade da colección Milmanda de Xerais. Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e… a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza? A fortaleza das mulleres non sempre é igual. A unhas sáelle pola boca, polos brazos. A outras méteselles dentro e móveas de maneira instintiva.

Presentación en Vigo de “A araña que lles tiña medo ás arañas” de Ramón D. Veiga

O venres 25 de outubro de 2019, ás 18:30 horas, na librería Libros para soñar, rúa Triunfo 1, no Casco Vello de Vigo, terá lugar a presentación e sinatura ilustrada de A araña que lles tiña medo ás arañas de Ramón D. Veiga con ilustracións de Iván R. No acto participarán Iván R., Ramón D. Veiga e Antela Cid.

Presentación en Allariz de “Rafael Dieste. O libre pensamento” de Luís Rei Núñez

O xoves 24 de outubro de 2019, ás 20:00 horas, na Fundación Vicente Risco, rúa San Lorenzo 3, Allariz, terá lugar a presentación do libro Rafael Dieste. O libre pensamento de Luís Rei Núñez.

Novidade: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro Moure. Unha novela corrosiva e irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña

Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro gañou o Premio Xerais de Novela 2019. Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso.

Novidade: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. A historia de dúas mulleres de vidas moi diferentes que buscan o recoñecemento nun Londres en plena Revolución Industrial

Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2019. L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A vida de L. C.

Novidade: «Xelís, o guieiro das botellas de mar», de Rosa Aneiros. Únete a unha fantástica tribo na apaixonante aventura de salvar os océanos

Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil 2019. Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer.

Presentación en Pontevedra de “Da Carapuchiña ao señor Lamote” de Miguel Vázquez Freire

O martes 22 de outubro de 2019, ás 20:00 horas, na Sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Casa das Campás, rúa Fliberto 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Da Carapuchiña ao señor Lamote de Miguel Vázquez Freire. No acto participarán Jorge Soto, Vicerreitor do Campus de Pontevedra; Lourdes Maceiras, profesora da UVigo; Fran Alonso, e Miguel Vázquez Freire.

Novidade: «Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)», de Xosé Abilleira e Stella Maris. Un achegamento e un entusiasta recoñecemento a unha biografía cívica e intelectual admirable

Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994), de Xosé Abilleira e Stella Maris (coordinadores) é unha novidade da colección Estudos Literarios. Evaristo González Fernández (Sela, Arbo, 1917-1994), «Evaristo de Sela», ocupa un posto moi relevante na historia das Letras galegas, nomeadamente como tradutor ao galego da «Ilíada» (1990) e da «Odisea» (1992), así como doutros textos moi significativos da poesía neohelénica.

Novidade: «A morte de Galicia», de VV AA (Isidro Dubert coord.). Un exercicio de historia crítica que contrasta o que foi e o que se nos di que é, e será, Galicia

A morte de Galicia de VV AA (Isidro Dubert coord.), é unha novidade da colección Crónica de Xerais. A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico» que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia.

Elena Gallego: «O dragón ten maxia, ten misterio, ten algo especial; todo o mundo quere ser dragón e, quizais, ese sexa o gran éxito de Dragal». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Dragal V»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre o libro: Dragal V. O segredo do dragón, publicado por Xerais na colección: Fóra de Xogo. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Astérix: A filla de Vercinxetórix», de René Goscinny. Astérix e Obelix regresan cunha nova aventura protagonizada por unha misteriosa adolescente que chega de noite á aldea

Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny e Jean-Yves Ferri, ilustrado por Albert Uderzo e Didier Conrad, é unha novidade da colección Cómics. A obra foi traducida por Xavier Senín e María Isabel Soto. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.