Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2019

Unha fermosa novela de ciencia ficción na que a aventura e afouteza dos seus protagonistas engaiola ao lectorado: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Paula Mayor. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín.   Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras Gañador do Premio Lazarillo 2018, Conta nove estrelas está escrito por Andrea Maceiras e conta coas ilustracións de Paula Mayor.

Unha novela que busca romper cos estereotipos, cos prexuízos mil que aínda nos perseguen: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: As estacións do lobo, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 4´40″.

Unha novela curta que é coma un puñal: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.   O ceo das reixas, de Eli Ríos (Xerais)   “E o tempo no cárcere non é un tema menor. Non o tempo de chover, facer sol ou vento. Non. Non. O outro. O que dura unha eternidade cando cae o solo e se apagan as luces.

Presentación na USC de “Mate-glifos” de Nicanor Alonso e Miguel Mirás

O luns 7 de outubro, ás 18:00 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas das USC, terá lugar a presentación do libro Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. No acto participarán Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC; Nicanor Alonso e Miguel Mirás, autores do libro; e Fran Alonso.

Un amplo repaso a autores e obras senlleiras da literatura infantoxuvenil mundial de todo tempo: «Da Carapuchiña ao señor Lamote», de Miguel Vázquez Freire. Anotación de Armando Requeixo

O escritor e crítico literario Armando Requeixo publicou no suplemento común dos xornais do Grupo La Capital (‘El Ideal Gallego’, ‘Diario de Ferrol’, ‘Diario de Arousa’ e ‘Diario de Bergantiños’)  unha anotación sobre o libro: Da Carapuchiña ao señor Lamote, de Miguel Vázquez Freire. O libro está publicado por Xerais na colección: LibroX.

Un atlas de vidas en combustión: «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Entrevista no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista co escritor Ramón Vilar Landeira sobre o libro: Un peixe no parqué, publicado por Xerais na colección Narrativa A entrevista pode verse nesta ligazón.