Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2019

Unha das lecturas ineludibles do ano: «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Crítica no blog «Balea Cultural»

O blog Balea Cultural publicou unha recensión de Iria Pedreira sobre o libro: Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira, publicado por Xerais na colección Narrativa. Recensión: Ramón Vilar Landeira, «Un peixe no parqué» Ramón Vilar trae consigo unha das lecturas ineludibles do ano e unha interesante demostración da viveza e perspicacia narrativas.

Unha novela paradigmática da literatura infantil e xuvenil galega: «Revolución Detrito», de Xosé de Cea. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Blanca-Ana Roig Rechou sobre o libro: Revolución Detrito, de Xosé de Cea. O libro foi finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Da Carapuchiña ao señor Lamote” de Miguel Vázquez Freire

O xoves 7 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Da Carapuchiña ao señor Lamote Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega de Miguel Vázquez Freire. No acto participarán Chus Pereiro, Manuel Bragado e o autor.

Un álbum imprescindible que nos mantén en contacto cunha das creacións máis senlleiras da historia do cómic europeo: «Astérix: A filla de Vercinxetórix», de René Goscinny. Anotación en «Biosbardia»

Biosbardia, o país dos libros en galego, publicou unha anotación asinada por Edu Maroño sobre o libro: Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny e Jean-Yves Ferri, con ilustracións de Albert Uderzo e Didier Conrad. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.   ‘Astérix: A filla de Vercinxetórix’, de René Goscinny.

Unha visión singular da emigración galega a Barcelona plasmada no vello Shanghai que comunicaba Galicia con Cataluña: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure. O libro gañou o Premio Xerais de Novela 2019, está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.