Menu Xerais

«Dentro da literatura» e «Relatos para a televisión», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de febreiro

Dentro da literatura, de Suso de Toro, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de febreiro.

No terceiro lugar sitúase outro texto de Xerais: Relatos para a televisión, de Xabier Cordal.

A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de ránking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos e críticas (Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo) escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

 

 

 

 

 

 


 

 

Deixa un comentario!