Menu Xerais

Arquivo anual: 2019

Convocados os Premios Xerais 2019

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2019 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil. O Premio Xerais de novela chega a súa trixésimo sexta edición, o Merlín de literatura infantil acada á trixésimo cuarta e o Jules Verne de literatura xuvenil  á décimo primeira. Cada premio está dotado con 10.000 euros.

A reivindicación dunha vida. «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Pilar Ponte sobre o libro: Vivir a galope, de María Xosé Queizán. O libro está publicado por Xerais na colección Memorias. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha espiral onde conflúen diversos tempos que beben dos territorios da memoria: «O mar que nos leva», de Moncha Fuentes. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre a novela: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Alberto Varela: «Este libro interesa polas poucas referencias que temos de que os viquingos estiveran en Galicia». Entrevista sobre: «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou nas súa edición La Voz de Carballo unha entrevista de Melissa Rodríguez co deseñador gráfico Alberto Varela Ferreiro, autor do libro: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Póñanse cómodos, procuren unha manta abrigosa e soseguen. O esforzo será rendable: «O mar que nos leva», de Moncha Fuentes. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro O mar que nos leva, de Moncha Fuentes. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Compostela de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O venres 18 de xaneiro de 2018 ás 20:00 horas, na  librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a prensetación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. No acto participarán Andrea Barreira, Emma Pedreira e Fran Alonso.

A grandeza da memoria: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Anotación de Rafael Laso Lorenzo

A web Dende a Limia.com publicou un artigo de Rafael Laso Lorenzo sobre o libro: Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, ilustrado por Laura Tova. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.   Música no faiado Deixamos atrás as festas do Nadal e camiñamos xa por estes primeiros días do novo ano.

Escribir con brillantez non significa condenar ao lector a unha visita constante ao diccionario: «Tres pintores», de Cid Cabido. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Tres pintores, de Cid Cabido. O libro recibiu o Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves 17 de xaneiro de 2019 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto acompañarán ao autor María Obelleiro e Xurxo Souto.

Unha reflexión prístina, brillante e efectiva sobre o desposuimento do que nos fai humanos,: «As bolboretas do Mekong», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A capacidade de colocarnos nun camiño que procura respostas non acostumadas: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica na revista Grial

Grial, a revista galega de cultura, publicou unha recensión crítica de Ana Salgado sobre o libro: Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O libro gañou o Premio da Crítica Española (en lingua galega), 2016, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “O xiro” de Noelia Gómez

O xoves 17 de xaneiro, 2019, ás 20:00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro O xiro de Noelia Gómez, V Premio de Poesía Gonzalo López Abente. No acto participarán Antía Otero, Fran Alonso e Noelia Gómez.