Menu Xerais

Arquivo anual: 2019

Publicación en búlgaro do libro: «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, co gallo da súa publicación en búlgaro.   «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» Ledicia Costas é unha das autoras de maior proxección da literatura galega. As aventuras de Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) conquistaron lectoras por toda a parte.

Un vieiro de esperanza coa xente nova: «Aplicación instantánea», de Carlos Negro. Artigo de Ramón Rozas no dixital Galiciaé

O xornal dixital Galiciaé publicou un artigo do xornalista Ramón Rozas sobre o libro: Aplicación instantánea, de Carlos Negro. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018 e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo (Foto: Galiciaé. TR).   A esperanza na poesía Con Aplicación instantánea Carlos Negro procura atopar un vieiro de esperanza coa xente nova.

Un libro de preguntas e respostas para nenos e nenas ben curiosos de 0 a 99 anos: «A ciencia do día a día», de Xerais. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para falar sobre o libro: A ciencia do día a día. O libro está publicado por Xerais na colección: Básicos da Ciencia. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 03:50.

Unha novela pioneira na narrativa galega dos oitenta: « A chave das noces», de Xabier P. DoCampo. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: A chave das noces, de Xabier P. DoCampo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo.    A chave das noces, de Xabier P. DoCampo   Despois de trinta anos onte relín A chave das noces, a novela negra de Xabier P.

Parte da historia de Galicia reflectida nunha nova novela gráfica en galego. «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Ferreiro. Noticia na Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia emitiu unha noticia sobre o libro: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics. A información pode verse nesta ligazón.

Un relato imprescindible nestes tempos de reggaeton.: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, ilustrado por Laura Tova. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.

Un amplo relato no que o autor toma licenzas que rebordan o rigor histórico e que non renuncia a ser novela: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Nova Nursia, de Héctor Cajaraville. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha gran novela ateigada de corvos, unicornios, vapor, engrenaxes e nenas e nenos que atesouran o mellor de nós: «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Fran P. Lorenzo sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. O gañou o Premio Lazarillo 2017 e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Marleen MaLone: «O libro é un manual, unha guía de badulaques e paspáns». Clube de lectura en Radiofusión sobre o libro: «Noites de safari»

O libro: Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados, do que é autora Marleen MaLone, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Pati Lavandeira, Ana Prieto, Manuel Forcadela, Henrique Sanfiz e a propia escritora e autora do libro, Yolanda Zúñiga. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O venres 4 de xaneiro de 2018 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. A autora estará acompañada de Marga do Val e Fran Alonso.

Un proxecto ambicioso que reflicte a presenza dos viquingos en Galicia: «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Varela Ferreiro. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o cómic: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics.   Ulf de Jakobsland.

Unha sorte de experiencia que nos afasta da Terra para tentar procurar quen somos. «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Montse Pena Presas sobre o libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.