Menu Xerais

Arquivo anual: 2020

Lecturas da corentena por David González: «A memoria da choiva» e «O cuarto das abellas». Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Na segunda entrega da serie, o artigo fai mención a dous libros publicados por Xerais: A memoria da choiva, de Pedro Feijoo e O cuarto das abellas, de Antía Otero.

O recurso da imaxinación: «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea», de Rosa Aneiros. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra unha anotación sobre o libro: Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Abi Castillo. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Habilitan vías telemáticas para o Premio Literario Pinto e Maragota. Noticia no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou una noticia na que da conta da habilitación de vías telemáticas para que as persoas interesadas poidan presentar os seus traballos ao Premio Literario Pinto e Maragota, a través do enlace: http://pintoemaragota.gal/premio. O certame está convocado polo Concello de Pontevedra e Xerais co obxectivo de visibilizar e dignificar a diversidade sexual.

Incalculable saudade: «Fornelos & Fornelos: terceira fundación», de Xerardo Quintiá. Anotación de Román Raña

O xornal Faro de Vigo publicou una anotación de Román Raña sobre o libro: Fornelos & Fornelos: terceira fundación, de Xerardo Quintiá, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha novela de áxil lectura, temáticamente comprometida e moi ben escrita: «Veleno de tinta impresa», de Xosé Antonio Neira Cruz. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, publicado por Xerais na colección: Narrativa.

Recuperación nostálxica de tempos idos: «O verán en Lucenza», de Alberto Fortes. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela O verán en Lucenza, de Alberto Fortes, publicada por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xerais reta aos seus autores a ler fragmentos das súas obras en Internet. Noticia no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Jorge Lamas na que da conta da iniciativa de Xerais de retar aos seus autores a ler fragmentos das súas obras en Internet a través das súas contas de Facebook e Twitter. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Libros para a corentena: «Long Play», de Lois Pérez. Crítica no blog «Balea Cultural»

O blog Balea Cultural publicou unha recensión de Iria Pedreira sobre o libro: Long Play, de Lois Pérez, publicado por Xerais na colección Poesía. Recensión: Lois Pérez, «Long Play» Un dos obxectivos destas publicacións especiais para a corentena era espir un pouco a miña biblioteca particular e amosar o eclecticismo que (creo que) caracteriza os meus estantes.

Unha biografía sistemática, clara e ilustrativa: «Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético», de Henrique Dacosta. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético, de Henrique Dacosta, publicado por Xerais na colección LibroX.

«A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Recomendación da LeTuber Sanabela no «Espazo Lectura»

A asociación para o fomento da lectura en lingua galega Espazo Lectura publicou no seu espazo #quedonacasalendocontigo e con… a participación da LeTuber Sanabela para recomendar a lectura do libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño.

Lecturas da corentena por David González: «Muriel», de María Canosa. Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Nesta primeira entrega da serie, o artigo fai mención ao libro: Muriel, de María Canosa. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017, e está  publicado por Xerais na colección: Merlín.

Unha pequena selección de novela negra viguesa: “Sete Caveiras”, de Elena Gallego Abad. Reportaxe na revista “Weloversize”

A revista Weloversize publicou unha reportaxe asinada por Beatriz Romero sobre a novela negra viguesa, con mención ao libro: Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   Cuarto y mitad de novela negra viguesa   Antes de nada: sí, soy viguesa y sí, estoy haciendo un ejercicio de chovinismo brutal nivel Abel Caballero (¡je!).