Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2020

Ledicia Costas e Pedro Feijóo, entre os autores do ano 2019. Reportaxe no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha reportaxe asinada por José Miguel Giráldez na que se da conta dunha selección de libros de diferentes xéneros que triunfaron no 2019, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Un lume azul, de Pedro Feijoo e Infamia, de Ledicia Costas.

Un libro para reivindicar as mulleres do mar e o seu xénero sonoro: «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Anotación no xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación asinada por Uxía Iglesias sobre o libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   Traendo á memoria os cantos das conserveiras contra os abusos dos seus patróns As mulleres das fábricas de conserva facían canción protesta, nin máis nin menos.

Unha trama dura e realista, mais con fíos tendidos á esperanza: «O grupo», de An Alfaya. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Ánxela Gracián sobre o libro: O grupo, de An Alfaya, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Oito títulos de Xerais, entre os mellores libros da ficción literaria galega dos últimos vinte anos. Reportaxe en «Vinte»

Publicouse en Vinte unha reportaxe asinada por María Yáñez e Berta Dávila na que se da conta dunha selección dos vinte mellores títulos da ficción literaria escrita en galego publicados nos últimos 20 anos. Na escolma participaron vinte homes e vinte mulleres que gardan relación de diferentes maneiras co ámbito do libro.

Xerais convoca os seus premios de novela, literatura infantil e xuvenil. Noticia en varios medios de comunicación

  Xerais convoca a 37 edición do Premio Xerais de Novela; a 35 edición do Premio Merlín de Literatura Infantil e a 12 edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

Un texto para contar, cantar e memorizar que non debe faltar en ningunha biblioteca de Educación Infantil: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

Entrega en Vilalba do III Premio Agustín Fernández Paz a Antía Yáñez

O sábado 1 de febreiro de 2020  ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, terá lugar o acto de entrega do III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade á escritora Antía Yáñez.

Novidade: « Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso», de Héctor Cajaraville. Unha achega literaria a unha das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego

Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, de Héctor Cajaraville, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso.

Unha crónica da vitoria da vida fronte ao desamor: «Formigas nos pés», de Nazaret López. Anotación de Armando Requeixo

O escritor e crítico literario Armando Requeixo publicou no suplemento común dos xornais do Grupo La Capital (‘El Ideal Gallego’, ‘Diario de Ferrol’, ‘Diario de Arousa’ e ‘Diario de Bergantiños’)  unha anotación sobre o libro: Formigas nos pés, de Nazaret López, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Ferrol de “Onde nacen as hedras” de Ana Varela

O sábado 1 de febreiro ás 12:00 horas, no Centro Cívico de Canido, rúa Poeta Pérez Parallé, Ferrol, terá lugar a presentación do libro Onde nacen as hedras de Ana Varela, VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. No acto, organizado en colaboración co Centro Cívico de Canido, intervirán Mario Regueira, Ana Varela e Fran Alonso.

Un capítulo de `anime´ en papel: «Penumbra», de Daniel Landesa. Anotación de Lois Z. en «Biosbardia»

Lois Z. publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: Penumbra, de Daniel Landesa,  publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.   ‘Penumbra’, un capítulo de ànime´de papel Unha das sentinelas que patrullan o muro que separa a Terra do Sol do reino de Penumbra desaparece e a súa irmá pequena, Ashlyn, vai dar aviso á capital.

Novidade: « Mariña e o balón», de Pere Tobaruela e Pablo Rosendo. A historia dunha nena que devece por canear, fintar, pasar, xutar e meter gol

Mariña e o balón, de Pere Tobaruela, con ilustracións de Pablo Rosendo, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo.