Publicado o 22 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Lectura, Narrativa
O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Mila Méndez na que seis escritores recomendan una serie de libros para os días de confinamento, entre os que figuran algún títulos publicados por Xerais: Infamia, de Ledicia Costas; Un lume azul, de Pedro Feijoo e A cara norte do corazón, de Dolores Redondo.
Ler máis →
Publicado o 22 Abril, 2020 nas categorías Entrevistas, Lingua, Obras de referencia, Universitaria, Xerais
O xornal Nós Diario publicou unha entrevista asinada por Tensi Gesteira a Mario Regueira sobre o libro: Narrativa e imaxinario nacional. A reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966). (Imaxe: Nela Fraga – Nós Diario).
MARIO REGUEIRA:
“Galaxia influíu desde o literario e o político”
“Son tempos difíciles para o pensamento crítico complexo”.
Ler máis →
Publicado o 21 Abril, 2020 nas categorías Lectura, Redes sociais
Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).
Ler máis →
Publicado o 21 Abril, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e nas páxinas de Cultura do xornal La Voz de Galicia unha anotación sobre o libro: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo, 2019.
Ler máis →
Publicado o 20 Abril, 2020 nas categorías Biblioteca das Letras Galegas
O cadro de persoal de Xerais expresa o seu pesar polo falecemento da escritora Luz Pozo. A poeta, integrante da Xeración dos 50, é autora de títulos fundamentais da poesía galega contemporánea. No catálogo de Xerais está publicado Códice calixtino (1986, Xerais 1992) en edición de Carmen Blanco.
Miña dona Liberdade / leva o aceno esgazado, / o herdo esfiañado, /non ten leito nin teito.
Ler máis →
Publicado o 20 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Un lume azul, de Pedro Feijoo, publicado por Xerais na colección: Narrativa.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 20 Abril, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Herba moura, de Teresa Moure, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela 2005 – Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005 – Premio Irmandade do Libro á autora do ano 2005 – Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 – Premio da Crítica, 2005 (narrativa).
Ler máis →
Publicado o 17 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Lectura, Narrativa
O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Na cuarta entrega da serie, o artigo fai mención a tres libros publicados por Xerais: As horas roubadas, de María Solar; Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo e A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras.
Ler máis →
Publicado o 17 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Carmen Ferreira sobre o libro: Tres bichicomas, dúas illas e una serea, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais na colección Merlín. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 16 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Entrevistas, Poesía
O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista asinada por María Doallo á escritora Arancha Nogueira, na que fala sobre o libro: dente de leite, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 16 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Lingua, Obras de referencia, Universitaria, Xerais
O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe asinada por Salvador Rodríguez sobre o escritor e catedrático de Lingua e Literatura Galega Ricardo Carballo Calero, con mención ao libro: Historia da Literatura Galega IV, de Xosé Ramón Pena, publicado por Xerais na colección: Lingua e Literatura.
A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 15 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Lectura, Narrativa, Poesía
O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Na terceira entrega da serie, o artigo fai mención a tres libros publicados por Xerais: Beixos de lingua, de Paco Barreiro; Culpable, de Eli Ríos e Terraza, de Fran Alonso.
Ler máis →