Publicado o 15 Abril, 2020 nas categorías Infantil, Lectura, Redes sociais, Xuvenil
O noso compañeiro de Xerais Ramón D. Veiga, xunto co seu amigo, o ilustrador Iván R. crearon un conto on line baixo o lema: #EuQuedoNaCasa, para resumir como se vive o confinamento nos fogares nos que hai nenas e nenos. A noticia foi recollida polo xornal Diario de Ferrol.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 14 Abril, 2020 nas categorías Clubs_de_lectura, Encontros con Lectores, Infantil, Merlín, Xuvenil
O xornalista e escritor Héctor Cajaraville mantivo un encontró co alumnado do clube de lectura do colexio Heroínas de Sálvora (Aguiño-Ribeira) para falar sobre o libro: Kusuma, publicado por Xerais na colección: Merlín. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018
O encontro pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 14 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Lectura, Narrativa, Reportaxes, Xuvenil
O xornal Galicia Confidencial publicou unha reportaxe sobre unha selección de lecturas entretidas e con “enganche”, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro e Crónicas marcianas, de Ray Bradbury.
Ler máis →
Publicado o 13 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros, Xuvenil
O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Laura Caamaño sobre o libro: Os gritos das illas Lobeiras, de Antón Cortizas, con ilustracións de Leandro Lamas. O libro está publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 13 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela A cara norte do corazón, de Dolores Redondo, publicada por Xerais na colección Narrativa.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 13 Abril, 2020 nas categorías E-books, Lectura, Xerais
Xerais seleccionou nove títulos para todos os públicos e de temática variada para ofertar a prezo especial varios dos seus ebooks.
A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 8 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Lectura, Narrativa, Poesía
O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Na segunda entrega da serie, o artigo fai mención a dous libros publicados por Xerais: A memoria da choiva, de Pedro Feijoo e O cuarto das abellas, de Antía Otero.
Ler máis →
Publicado o 8 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra unha anotación sobre o libro: Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Abi Castillo. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 7 Abril, 2020 nas categorías Noticias, Premios, Xerais
O xornal La Voz de Galicia publicou una noticia na que da conta da habilitación de vías telemáticas para que as persoas interesadas poidan presentar os seus traballos ao Premio Literario Pinto e Maragota, a través do enlace: http://pintoemaragota.gal/premio. O certame está convocado polo Concello de Pontevedra e Xerais co obxectivo de visibilizar e dignificar a diversidade sexual.
Ler máis →
Publicado o 7 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Poesía
O xornal Faro de Vigo publicou una anotación de Román Raña sobre o libro: Fornelos & Fornelos: terceira fundación, de Xerardo Quintiá, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 6 Abril, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, publicado por Xerais na colección: Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 6 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela O verán en Lucenza, de Alberto Fortes, publicada por Xerais na colección Narrativa.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →