Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2020

Alberto Varela: «Tratei de que fose un cómic entretido que espertase no lector a curiosidade nesa época». Entrevista en «La Voz de Carballo» sobre: «Wolfram»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha entrevista asinada por S. G. Rial ao deseñador gráfico Alberto Varela Ferreiro sobre o libro: Wolfram, publicado por Xerais na colección Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha proposta argumental moi refrescante e amena: «Lara e Sabela», de Ignacio Vidal Portabales. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Ourense 2020

Debido a situación da pandemia, cancélase a presencialidade e mantense unha programación virtual Do 7 ao 10 de outubro terá lugar a Feira do Libro de Ourense Día 7 19:30     Arancha Nogueira asina Dente de leite 20:15     Carlos Da Aira asina A guerra era contra nós Día 8 18:00     Elba Pedrosa asina O que non sabías Día 10 14:00     Luís Manuel García Mañá asina Non fales o que non debes  

A historia roubada: «O Reino medieval de Galicia», de Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro O Reino medieval de Galicia, de Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira, publicado por Xerais na colección Contamos a nosa historia.

Das calidades da paciencia: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. Anotación de María Navarro no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Unha fábrica de bicos, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Xerais na colección: Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha indagación no reverso oscuro da nosa sociedade: «Non fales o que non debes», de Luís Manuel García Mañá. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Non fales o que non debes, de Luís Manuel García Mañá, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

O Garaxe Hermético e Xerais convocan o 2º concurso de banda deseñada. Noticia nos medios

A escola O Garaxe Hermético e Xerais convocan o 2º concurso de banda deseñada dirixido ao alumnado da escola convocante que presente traballos en lingua galega. O/a gañador/a obterá un contrato profesional e verá publicada a súa obra na colección Merlín Cómics de Xerais.

González Reigosa, o crime máis vendido: «Tras da Corda» e «Crime en Compostela», de Carlos G. Reigosa. Anotación no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha anotación asinada por José de Cora sobre os libros: Tras da Corda e Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa, publicados por Xerais na colección Narrativa. Crime en Compostela foi Premio Xerais de Novela no ano 1984. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un relato que flúe entre a novela detectivesca e a novela negra: «A vinganza dos homes bos», de Manuel Esteban. Anotación no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación asinada por Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha guía en papel para as persoas interesadas nas fantasías do noso país: «Guía de campo da Galicia Encantada», de Antonio Reigosa. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Guía de campo da Galicia Encantada, de Antonio Reigosa, publicada por Xerais na colección LibroX. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha aliaxe entre novela realista e novela negra que funciona ben: «Non fales o que non debes», de Luís Manuel García Mañá. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro Non fales o que non debes, de Luís Manuel García Mañá, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Caendo no mundo das mafias: «Non fales o que non debes», de Luís Manuel García Mañá   Non son moitos os títulos da nosa narrativa actual que tematizan as mafias. Quen máis convencidamente o fixo foi Carlos G.

Unha novela con ritmo febril: «48 horas», de Cándido Paniagua. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha anotación sobre o libro: 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.