Publicado o 30 Outubro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e nas páxinas de Cultura do xornal La Voz de Galicia unha anotación sobre o libro: Granito, de Álex Alonso, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa.
Granito, de Álex Alonso
En tantas ocasións a memoria presta servizos impagables.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Sopa de Libros, Xuvenil
O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, con ilustracións de Orelí Pello, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.
Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza
Lembro que na miña infancia lía con devoción un libriño de fábulas que na miña casa había de Esopo, un libro ilustrado que prendeu na miña mente por ser lectura activa da nenez.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2020 nas categorías Críticas, Infantil, Lectura, Merlín, Xuvenil
Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura do libro: Superavoa, de David Rodríguez, publicado por Xerais na colección Merlín.
A recomendación pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2020 nas categorías Audios, Cómic, E-books, Infantil, Xuvenil
Xerais da un paso máis para o Astérix en galego coa publicación dun audiolibro coas aventuras do cómic titulado: O menhir de ouro ao que dan voz actores como Xerado Couto (Astérix); Tacho González (Obélix) e Antón Rubal (Aseguracenturix). Esta nova proposta quere atraer tanto aos fans de sempre como ás novas xeracións.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2020 nas categorías Cómic, Entrevistas, Infantil, Radio, Xuvenil
O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co ilustrador Alberto Varela Ferreiro sobre o libro: Wolfram. Espías, nazis e maquis, publicado por Xerais na colección: Cómics.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2020 nas categorías Críticas, Narrativa
O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Xosé Feixó sobre o libro: Todas as vidas, de Xosé Ramón Pena, publicado por Xerais na colección: Narrativa.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2020 nas categorías Cómic, Infantil, Novidades, Xuvenil
O Menhir de Ouro, de René Goscinny, ilustrado por Albert Uderzo, é unha novidade da colección Cómics de Xerais.
Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rompe de súpeto.
Asegurancetúrix, o bardo, xa non atura volver escoitar: «Non, non cantarás!».
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2020 nas categorías Narrativa, Redes sociais
O escritor Suso de Toro abriu unha páxina no Facebook na que desvela moitos aspectos gráficos e de contido da novela: Un señor elegante, que publica Xerais e que chegará ás librarías o 12 de novembro.
Podes acceder ao contido desta páxina nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2020 nas categorías Infantil, Novidades, Sopa de Libros, Xuvenil
Antía e Daren, de Valentín Albite, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. O libro gañou o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2019.
O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2020 nas categorías Blogs, Entrevistas, Infantil, Narrativa, Xuvenil
O blog Lecturafilia publicou un artigo asinado por Tensi Gesteira sobre o o proceso creativo da escritora Ledicia Costas, autora de libros como: Escarlatina, a cociñeira defunta, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A balada dos unicornios. Na narrativa de adultos, escribiu o libro de relatos sobre a memoria Un animal chamado Néboa e a recente novela policiaca Infamia.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.
A novela de Sabela: «Lara e Sabela», de Ignacio Vidal Portabales
Ben, comecemos polo primeiro.
Ler máis →
Publicado o 26 Outubro, 2020 nas categorías Infantil, Merlín, Novidades, Xuvenil
Superavoa, de David Rodríguez, é unha novidade da colección Merlín de Xerais.
A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo.
Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas.
Ler máis →