Publicado o 7 Outubro, 2020 nas categorías Críticas, Infantil, Lectura, Sopa de Libros, Televisión, Xuvenil
Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura do libro: Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Kiko Da Silva, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.
A recomendación pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 6 Outubro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro A memoria dos paxaros, de Teresa González Costa, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.
Novela na defensa avícola e da biodiversidade: «A memoria dos paxaros», de Teresa González Costa
Desde hai corenta anos para acá avanzouse moito na concienciación cidadá para a defensa do medio ambiente.
Ler máis →
Publicado o 6 Outubro, 2020 nas categorías Críticas, Entrevistas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Xosé Henrique Rivadulla Corcón sobre o libro: Cando soa a buguina, publicado por Xerais na colección: Merlín.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 5 Outubro, 2020 nas categorías Ensaio, Narrativa, Premios
O xurado da XXXV edición do Premio Antón Losada Diéguez recoñeceu as obras Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010), de Camilo Nogueira e a novela Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, como gañadoras dos Premios Antón Losada Diéguez de Investigación e Creación Literaria 2020 respectivamente.
Ler máis →
Publicado o 3 Outubro, 2020 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Catro cartas, de Xabier P. DoCampo, publicado por Xerais na colección Merlín.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 3 Outubro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Non fales o que non debes, de Luís Manuel García Mañá. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
Luís Manuel García Mañá, «Non fales o que non debes»
Entre todas as variantes que ofrece o xénero da novela negra, a do relator fantasmal é unha das que máis me fascina.
Ler máis →
Publicado o 2 Outubro, 2020 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre o libro: Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.
A súa intervención pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 2 Outubro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Celada, de Antonio Piñeiro, publicado por Xerais na colección Narrativa. A novela gañou o VII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.
‘Recensión: Antonio Piñeiro, «Celada»
En Maio de 2019, Antonio Piñeiro recibía o VI Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira por Celada (Xerais,2020).
Ler máis →
Publicado o 1 Outubro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Formigas nos pés, de Nazaret López, publicado por Xerais na colección Narrativa.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 1 Outubro, 2020 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Radio, Xuvenil
Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa, publicado por Xerais na colección: Fóra de Xogo.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 1 Outubro, 2020 nas categorías Narrativa, Premios, Presentacións
O venres 2 de outubro, ás 11:00 horas, na sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial, Avenida Porto da Coruña 2, A Coruña, terá lugar a presentación das obras premiadas no XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa unha das cales é a novela Granito de Álex Alonso.
No acto participarán os gañadores ex aequo, Álex Alonso e Antón Riveiro Coello, acompañados dos editores Fran Alonso e Francisco Castro.
Ler máis →