Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2020

Sinatura de Ledicia Costas en Vigo

O martes 22 de decembro a partir das 17:00 horas, Ledicia Costas estará asinando as súas obras na libraría Cartabón, Urzáiz 128, Vigo

Suso de Toro: «Os Baltar representan á Galiza vital e luminosa». Entrevista no «Faro de Vigo» sobre: «Un señor elegante»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista ao escritor Suso de Toro sobre o libro: Un señor elegante, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns.

A lingua e a humanidade: «Unha mente que voa», de Xurxo Mariño. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou un artigo asinado por Mario Regueira sobre o libro: Unha mente que voa, de Xurxo Mariño, publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha obra de Xerais, a primeira en adaptarse ao podcast para radio en Galicia: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Anotación no xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación sobre a adaptación ao podcast para radio do libro: Un home estraño, de Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”.

Antonio García Teijeiro: «Este premio sirve para reivindicar que a poesía pode gustar aos nenos». Entrevista na Cadena Ser sobre: «Poemar o mar»

A emisora Radio Vigo, da Cadena Ser, emitiu unha entrevista co escritor Antonio García Teijeiro sobre o libro: Poemar o mar, publicado por Xerais na colección Merlín. O libro gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Rivas: «Vivimos un tempo en que a linguaxe é unha Zona a Defender, porque sofre unha corrosión». Entrevista no xornal «Nós Diario» sobre: «Zona a Defender»

O xornal Nós Diario publicou unha entrevista de Irene Pin ao escritor Manuel Rivas sobre o libro: Zona a Defender, publicado por Xerais na colección Crónica-Xornalismo.

Unha pequena xoia literaria que recrea un mundo rural a piques de caducar: «O verán en Lucenza», de Alberto Fortes. Crítica en «Café Barbantia»

O blog Café Barbantia publicou unha anotación de Inés Otero sobre o libro: O verán en Lucenza, de Alberto Fortes, publicado por Xerais na colección: Narrativa.     «O verán en Lucenza», de Alberto Fortes Hai pouco merquei un libro de Ryu Murakami, Azul casi transparente, pensando que se trataba dunha novela de Haruki Murakami.

Unha paisaxe memorialista tan necesaria como tristemente esquecida sobre a biografía de Ramón Baltar: «Un señor elegante», de Suso de Toro. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no xornal Diario de Pontevedra unha anotación sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro que fala de nós dende nós con ironía, retranca e humor: «Dicionario irreal para un país imposible», de Xavier Seoane. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Dicionario irreal para un país imposible, de Xavier Seoane, con ilustracións de Ramón Trigo, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. .

A curta «Para sempre, Malévich», baseada no libro «Galería de saldos», de Diego Giráldez, acada o primeiro premio no «We Cam Fest», o Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Bogotá

O xornal Vigoé publicou unha noticia sobre o primeiro premio que acadou a curtametraxe: Para sempre, Malévich no We Cam Fest, o Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Bogotá.  A curta está rodada en galego e adapta parte dos relatos do libro: Galería de saldos, de Diego Giráldez, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Eva Mejuto: «Os nenos e as mulleres son as vítimas silenciosas e silenciadas de todos os conflitos da humanidade». Entrevista en TeleVigo sobre: «A lavandeira de San Simón»

Televigo emitiu unha entrevista con Eva Mejuto sobre o libro: A lavandeira de San Simón, publicado por Xerais na colección Pequena Memoria. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 02.00″.

Á procura do elo perdido: «Un señor elegante», de Suso de Toro. Anotación de David Rodríguez na revista Luzes

A revista Luzes publicou unha anotación de David Rodríguez sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro publicado por Xerais na colección Narrativa.   Á procura do elo perdido: «Un señor elegante», de Suso de Toro   Suso de Toro debe ser o escritor que máis veces anunciou a súa retirada da escrita e máis veces regresou.