Menu Xerais

Arquivo anual: 2021

Unha biografía que se converte na novela que explora un século: «Un señor elegante», de Suso de Toro. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no xornal Diario de Pontevedra unha anotación sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha lectura necesaria para persoas alérxicas á poesía e segura para as súas amantes: «Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado. Anotación no xornal «Tempos Novos»

O xornal Tempos Novos publicou unha anotación asinada por Celia Pereira Porto e Xosé Rodríguez Díaz sobre o libro: Ninguén morreu de ler poesía, de Aldaolado (dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado), publicado por Xerais na colección: Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Oito escritores participarán nunha nova edición do Faro da Escola para conversar co alumnado de 60 centros educativos. Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre os autores e autoras que participarán nunha nova edición do programa Faro da Escola para conversar co alumnado de case 60 centros educativos.  Os escritores desta nova edición son Ledicia Costas (A Señorita Bubble.

Manuel Rivas: «Estamos nunha Era Mayday que é a dunha emerxencia climática, unha guerra contra a natureza». Entrevista no xornal «O Salto» sobre: «Zona a Defender»

O xornal O Salto publicou unha entrevista de Lois Alcayde Dans ao escritor Manuel Rivas sobre o libro: Zona a Defender, publicado por Xerais na colección Crónica-Xornalismo.

Unha obra divertida e dinámica especialmente recomendable para a rapazada: «A Señorita Bubble. Baixo cero», de Ledicia Costas e Andrés Meixide. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: A Señorita Bubble. Baixo cero, de Ledicia Costas, con ilustracións de Andrés Meixide, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.   ‘Recensión: «A Señorita Bubble.

Un libro referencial, de grande interese: «Ulcis», de Xosé Fernández Ferreiro. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Ulcis, de Xosé Fernández Ferreiro, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Carta en tinta de choco: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Anotación no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha anotación asinada por Susana Sanches Arins sobre o libro: A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, publicado por Xerais na colección: Pequena Memoria. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Álex Alonso: «Esta novela é ficción, o único real é un crime que impresionou a Vigo». Entrevista no xornal «Atlántico Diario» sobre: «Granito»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista asinada por Ana Baena ao escritor Álex Alonso sobre o libro: Granito, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Para inspirar aos Reis Magos: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza e «A Señorita Bubble. Baixo cero», de Ledicia Costas. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou un artigo de Manrique Fernández sobre literatura infantil e xuvenil con mención a dous libros publicados por Xerais: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza; e A Señorita Bubble. Baixo cero, de Ledicia Costas. Para inspirar aos Reis Magos… Chegadas estas datas, é tradición que neste blog lle dediquemos unhas liñas á literatura infantil e xuvenil.

Antonio Tizón: «Tentei abordar o tema da enfermidade mental en clave de xénero negro e dunha forma entretida e amena para o lector». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Os incurábeis»

Os incurábeis, de Antonio Tizón, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Carlos Aguado e Eva Mazás, ademais do autor. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

A Señorita Bubble ao rescate de elfos e pingüíns: «A Señorita Bubble. Baixo cero», de Ledicia Costas e Andrés Meixide. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A Señorita Bubble. Baixo cero, de Ledicia Costas, con ilustracións de Andrés Meixide, publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

O compromiso social do mellor cirurxán: «Un señor elegante», de Suso de Toro. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro, publicado por Xerais na colección Narrativa.   O compromiso social do mellor cirurxán: «Un señor elegante», de Suso de Toro   Velaquí unha nova novela de Suso de Toro, unha novela consistente, unha novela de peso, unha novela que computa 530 páxinas (incluído “Preludio”).