Publicado o 29 Xaneiro, 2021 nas categorías Básicos Ciencia, Novidades, Obras de referencia
Cóntame un conto cuántico, de Juanjo Lamelas, é unha novidade da colección Básicos Ciencia de Xerais.
Neste libro, Juanjo Lamelas explica a física cuántica coma se fose un conto. E para facilitar a comprensión válese dun protagonista chamado Electroncio, unha partícula elemental que aproveita as súas propiedades de ente cuántico para relatar dende dentro o estraño mundo no que vive.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2021 nas categorías Fóra de Xogo, Infantil, Novidades, Xuvenil
Camiño perigoso, de Ánxela Loureiro, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais.
En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2021 nas categorías Críticas, Crónica, Xornalismo
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e na sección “Ex umbra in solem“, nas páxinas do suplemento Fugas de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Zona a defender, de Manuel Rivas, publicado por Xerais na colección Crónica – Xornalismo
.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2021 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
Eva Moreda publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: Todas as vidas, de Xosé Ramón Pena, publicado por Xerais na colección Narrativa.
‘Todas as vidas’, o brillo do auténtico
Todas as vidas, a última entrega narrativa de Xosé Ramón Pena, é unha colección de oito relatos, algún xa case noveletas. De xeito se cadra non demasiado científico, poderiamos dividilos en dous grupos principais.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2021 nas categorías Biblioteca das Letras Galegas, Novidades
Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, con edición de María do Cebreiro, é unha novidade da colección Biblioteca das Letras Galegas.
Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no século XIX, e Cantares gallegos, publicado por vez primeira o 17 de maio de 1863, representa o primeiro gran paso cualitativo cara á madurez poética de Galicia.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2021 nas categorías Álbums, Infantil, Novidades, Pequeno Merlín, Xuvenil
Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais.
Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2021 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O xornal Tempos Novos publicou unha entrevista asinada por Eduard Velasco ao escritor Suso de Toro sobre o libro: Un señor elegante, publicado por Xerais na colección Narrativa.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 27 Xaneiro, 2021 nas categorías Milmanda, Novidades
Cobiza, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Milmanda de Xerais. O libro gañou o I Premio Pinto e Maragota á Diversidade Sexual e de Xénero.
Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais.
Ler máis →
Publicado o 27 Xaneiro, 2021 nas categorías Narrativa, Novidades
As illas dos deuses, de Serafín Parcero, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais.
Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso “Alba de groria” nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao.
Ler máis →
Publicado o 27 Xaneiro, 2021 nas categorías Blogs, Críticas, Edicións Singulares, Grandes Obras
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Dicionario irreal para un país imposible, de Xavier Seoane, con ilustracións de Ramón Trigo, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares.
Ler máis →
Publicado o 26 Xaneiro, 2021 nas categorías Narrativa, Premios
O xornal La Voz de Carballo publicou unha noticia sobre a oitava edición do concurso de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira, un certame convocado polo Concello de Ribeira e que ten aberto o prazo para a presentación de orixinais ata o día 23 de marzo. (Imaxe: Celada, de Antonio Piñeiro, novela gañadora da sétima edición do certame).
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 26 Xaneiro, 2021 nas categorías Críticas, Crónica, Xornalismo
O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Héitor Mera sobre o libro: Zona a Defender, de Manuel Rivas, publicado por Xerais na colección Crónica – Xornalismo.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →