Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2021

Novidade: «O retorno dos homes mariños», de Xurxo Souto: Unha novela que rescata un esquecido mito coruñés sobre homes mariños

O retorno dos homes mariños, de Xurxo Souto, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego.

Suso de Toro: «A historia dos Baltar é necesaria para Galicia porque non é un país de xente vencida». O escritor participou no Club Faro para falar sobre o libro: «Un señor elegante»

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo asinado por Elena Ocampo sobre a participación do escritor Suso de Toro no Club FARO para falar sobre o libro: Un señor elegante, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns. Un señor elegante Faro de Vigo 1 Un señor elegante Faro de Vigo 2 A gravación está colgada tamén en Youtube, no enlace: https://www.youtube.

Un libro rítmico e irónico que nos lembra a diversión que provoca o entroido: «Non pare a festa. É tempo de entroido 2», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.   Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D. Veiga e David Sierra   Publica Xerais este “É tempo de entroido 2”, un libro de Ramón D.

Os «Cantares gallegos» de Rosalía, da ecoloxía á Galiza nun mapa global. Anotación no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha anotación asinada por Irene Pin sobre o libro: Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, edición de María do Cebreiro, publicado por Xerais na colección: Biblioteca das Letras Galegas.

Novidade: «As mellores tendas de Madrid», de Manuel Veiga Taboada: Unha novela chea de humor e ironía para relatar a crónica dun controvertido momento histórico da Galicia recente

As mellores tendas de Madrid, de Manuel Veiga Taboada, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. «As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha empregada de banca tímida pero decidida.

Novidade: «Alcatrán», de Marcos Abalde Covelo: Un poemario íntimo e fráxil que reconstrúe unha historia calada e que sela un pacto entre xeracións

Alcatrán, de Marcos Abalde Covelo, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. «Alcatrán» reconstrúe unha historia calada. Sela un pacto entre xeracións. Indaga nunha lingua fesa que dá espazo ao cuco e ao andazo. Habita unha comarca que non confunde o exterminio co progreso. Desprega unha constelación de supervivencias, case unha promesa de futuro. Íntima e tan fráxil, esta epopea.

Juanjo Lamelas: «Calquera persoa con inquietude científica pode recorrer este libro con tranquilidade». Entrevista no «Diario Cultural» da Radio Galega sobre: «Cóntame un conto cuántico»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor e profesor Juanjo Lamelas sobre o libro: Cóntame un conto cuántico, publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha oportuna reivindicación de figuras históricas que aínda precisan acaído recoñecemento: «Despoxos e vísceras ilustres», de María Xosé Queizán. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Despoxos e vísceras ilustres, de María Xosé Queizán, publicado por Xerais na colección Ensaio.

Faladoiro Literario na Rede: “Un señor elegante” de Suso de Toro

O xoves 25 de febreiro a partir das 21:00 horas no Facebook Live da librería Abrente terá lugar o faladoiro literario na rede arredor da novela Un señor elegante de Suso de Toro. No acto participarán Suso de Toro, Fran Alonso e Elena Bangueses como moderadora.

Novidade: «Non cantan paxaros neste bosque», de Carlos Negro: Un bosque de relatos nos que os paxaros non cantan

Non cantan paxaros neste bosque, de Carlos Negro, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente.

Novidade: «A realidade», de Manuel Darriba: Unha sinfonía en apariencia demencial para narrar unha historia que transcorre baixo o ruído e a furia

A realidade, de Manuel Darriba, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura.

Ledicia Costas: «Tiña gana de facer unha colección onde poder desenvolver todo o meu universo». Entrevista no xornal «Atlántico Diario» sobre: «Criando malvas. Os Minimortos»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista asinada por Ana Baena coa escritora Ledicia Costas sobre o libro: Criando malvas. Os Minimortos, publicado por Xerais na colección Sopa de libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.