Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2021

«Cobiza», de María Reimóndez, xa está nas librarías. Anotación na web «Pontevedra Viva»

A web Pontevedra Viva publicou unha anotación sobre o libro: Cobiza, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección: Milmanda. O libro gañou o I Premio Pinto e Maragota á Diversidade Sexual e de Xénero.   «Cobiza» de María Reimóndez, Premio Pinto e Maragota, xa está nas librarías Una profunda mirada feminista y ecologista en la reflexión sobre el futuro del planeta.

Antonio Manuel Fraga: «Con este libro tratei de afastarme dos camiños que normalmente transitaba na miña obra». Entrevista no xornal «La Opinión» sobre: «Santoamaro»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Ana Carro ao escritor Antonio Manuel Fraga sobre o libro: Santoamaro, gañador do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020 de Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A canción «Non pare a festa», de Os Amigos dos Músicos, acompañará o novo libro infantil sobre o entroido de Ramón D. Veiga e David Sierra. Noticia na web «Mondo Sonoro»

A web Mondo Sonoro publicou unha anotación sobre o libro: Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, publicado por Xerais na colección: Pequeno Merlín.   Os Amigos dos Músicos estrenan canción para os primeiros entroidos postcovid Os Amigos dos Músicos estrenan ‘Non pare a festa’, una canción para celebrar estos primeros carnavales postcovid.

Un convite a viaxar polo mundo e pola historia da humanidade: «Despoxos e vísceras ilustres», de María Xosé Queizán. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Despoxos e vísceras ilustres, de María Xosé Queizán, publicado por Xerais na colección Ensaio.

Cousas que non son o que parecen: «Patio de luces», de Érica Esmorís e Juan Berrio. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou un artigo asinado por Mario Regueira sobre o libro: Patio de luces, de Érica Esmorís, con ilustracións de Juan Berrio, publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros. O libro gañou o Premio de Literatura Infantil Cidade de Málaga, 2020. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Criando malvas. Os Minimortos», de Ledicia Costas e Mar Villar. Os Minimortos deberán liberar a Petunio dunha planta carnívora xigante que vive na súa cabeza e que só pensa en comer

Criando malvas. Os Minimortos, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mar Villar, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Petunio leva días preocupado. As flores que viven na súa cabeza están algo murchas. Necesita unha solución. Decide visitar a Dinamito e pedirlle axuda, pero todo se vai torcer dunha forma incrible.

Xavier Seoane: «O humor galego é un método de supervivencia e superación». Entrevista no «Faro de Vigo» sobre: «Dicionario irreal para un país imposible»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista asinada por Lourdes Varela ao escritor Xavier Seoane sobre o libro: Dicionario irreal para un país imposible, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha novela gráfica de aventuras arriscadas ateigada de historia galega e europea: «Wolfram», de Alberto Varela Ferreiro. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Wolfram, de Alberto Varela Ferreiro, publicado por Xerais na colección Cómics.   «Wolfram», de Alberto Varela Ferreiro   O Lector non está moi afeito a ler cómic. Valora enormemente este xénero e sempre está atento a certos títulos que lle poden interesar.

«Bichería», de Carlos López e Xan López Domínguez, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura do libro: Bichería, de Carlos López, con ilustracións de Xan López Domínguez, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Os paxaros e outros poemas», de Daniel Salgado: Unha indagación e un dó, unha elexía e un axuste de contas, un pasmo e unha luz ferida

Os paxaros e outros poemas, de Daniel Salgado, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. «Os paxaros e outros poemas» é unha indagación e un dó, unha elexía e un axuste de contas, un pasmo e unha luz ferida. A escrita detense na materia. Trata da lama e do dereito á beleza. Investiga a textura interna da castaña e a absurda variación da morte.

«Nerea. O príncipe da sorte», de Pablo Prado e Miguel Rojo, gaña o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais

Nerea. O príncipe da sorte, de Pablo Prado e Miguel Rojo, resultou gañadora do II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais na próxima primavera. Imaxe: A proba de auga, de Anémona de Río, obra gañadora da primeira edición do certame. A noticia foi recollida nos seguintes medios de comunicación: El Correo Gallego (28-xaneiro-2021): Miguel Rojo e Pablo Prado, premiados polo Garaxe Hermético.

Un dos alivios literarios da literatura galega deste 2020: «Un señor elegante», de Suso de Toro. Anotación de Manuel Gago

O xornalista Manuel Gago publicou no xornal El Progreso unha anotación sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.