Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2021

Xurxo Souto: «Hai vinte anos quería contar o mar e estou contento porque sigo coas mesmas teimas». Entrevista no xornal «La Opinión» sobre: «O retorno dos homes mariños»

  O xornal La Opinión publicou unha entrevista asinada por Gemma Malvido a Xurxo Souto sobre o libro: O retorno dos homes mariños, publicado por Xerais na colección: Narrativa (Imaxe: Víctor Echave – La Opinión).

A voz máis inconformista e heterodoxa de Fernández Ferreiro: «Ulcis», de Xosé Fernández Ferreiro. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Ulcis, de Xosé Fernández Ferreiro, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha conxunción poética de textos e música que achegan a nenez a sentimentos e emocións: «Cancións para Ana Lúa», de Xavier Seoane e Correa Corredoira. Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación de Blanca Roig-Rechou sobre o libro: Cancións para Ana Lúa, de Xavier Seoane, con iustracións de Correa Corredoira, publicado por Xerais na colección: Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xerais rescata o debut poético de Xela Arias: «Denuncia do equilibrio», escrito en 1984. Anotación no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación sobre o libro: Denuncia do equilibrio, de Xela Arias, publicado por Xerais na colección: Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Manuel Gago: «A novela retrata un escándalo da época e revela un segredo que poucos coñecen». Entrevista no «Galicia por Diante» sobre: «Nus»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Páxinas que zumegan poesía e sentimento e que interpelan ao lector mozo dende a intelixencia: «Non cantan paxaros neste bosque», de Carlos Negro. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Non cantan paxaros neste bosque, de Carlos Negro, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Castelao, protagonista: «As illas dos deuses», de Serafín Parcero. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha anotación sobre o libro: As illas dos deuses, de Serafín Parcero, publicado por Xerais na colección: Narrativa   Castelao, protagonista: «As illas dos deuses», de Serafín Parcero   Poñer un escritor ou escritora reais como protagonista, adoita chamar a atención de posíbeis lectoras ou lectoras. Non é frecuente.

Cándido Paniagua: «Atópome cómodo no enigma, descubrir segredos e facer unha investigación policial». Entrevista no xornal «El Progreso» sobre: «48 horas»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista asinada por Miguel Albo ao escritor Cándido Paniagua sobre o libro: 48 horas, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«Superavoa», de David Rodríguez, inaugura os encontros online entre os autores e os colexios que participan no Faro da Escola. Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o comezo dos encontros online entre os autores e os colexios que participan no Faro da Escola, que desta volta inaugura o libro: Superavoa, de David Rodríguez. Nesta nova edición do programa Faro da Escola participan case 60 centros educativos.  Os escritores son Ledicia Costas (A Señorita Bubble.

O relato dunha Coruña atlántica, enxebre e bravú da man de dous personaxes ben xenuínos: «O retorno dos homes mariños», de Xurxo Souto. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O retorno dos homes mariños, de Xurxo Souto, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha narración ideal para espíritos literarios afoutos que se atrevan a xogar na “Champion” dos súper lectores: «A realidade», de Manuel Darriba. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A realidade, de Manuel Darriba, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha novela que fía o seu desenvolvemento á forza e á orixinalidade dos personaxes: «Lara e Sabela», de Ignacio Vidal Portabales. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales,  publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.   ‘Lara e Sabela’, personaxes ben construídos Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales (Xerais, 2020), levou o premio Lueiro Rey de novela curta en 2019.