Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2021

Novidade: «As pombas de Bastián», de María Canosa e Noemí López: Minia entabla unha fermosa amizade con Bastián, un home que todos os días lles dá de comer ás pombas da rúa

As pombas de Bastián, de María Canosa, con ilustracións de Noemí López, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir.

Novidade: «Animalia 3. Azul», de Xosé Tomás. Unha nova entrega do proxecto «Animalia» protagonizada polos animais acuáticos que convida a unha reflexión sobre a humanidade

Animalia 3. Azul, de Xosé Tomás, é unha novidade da colección Merlín Cómics de Xerais. «Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas, dunha páxina, reunidas en tres entregas: a primeira, «Animalia 1. Verde», localizada na selva; a segunda, «Animalia 2. Branco», ambientada no mundo dos polos; e a terceira «Animalia 3.

Unha recompilación excepcional de textos poéticos publicados ao longo de medio século: «A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo». Anotación de Manuel Bragado

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Manuel Bragado sobre o libro: A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo, de Isaac Díaz Pardo, edición de Esperanza Luz Mariño Davila, publicado por Xerais na colección: Clásicos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.

Novidade: «A folla azul», de Andrea Maceiras e Sonia García: Unha historia que transcorre nun mundo verde e único, a Amazonia, da man de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré

A folla azul, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Sonia García, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil 2020. A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos.

Novidade: «A vida diaria dos romanos», de Pepe Carballude e Jorge Campos: Unha viaxe no tempo á Roma clásica para descubrirmos como vivían os seus habitantes

A vida diaria dos romanos, de Pepe Carballude, con ilustracións de Jorge Campos Sánchez, é unha novidade da colección Seica de Xerais. A vida diaria dos romanos é unha viaxe no tempo á Roma clásica para descubrirmos como vivían os seus habitantes.

Unha homenaxe póstuma a unha figura moi importante da nosa cultura: «Un señor elegante», de Suso de Toro. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Un señor elegante de Suso de Toro, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Un señor elegante, de Suso de Toro   Hai vidas que ben merecen inspirar un libro, vidas enormes que superan calquera ficción.

Presentación na Coruña: “Dicionario irreal para un país imposible” de Xavier Seoane

O mércores 21 de abril de 2021, ás 20:00 horas, na Fundación Luis Seoane, terá lugar a presentación do libro Dicionario irreal para un país imposible de Xavier Seoane, ilustrado por Ramón Trigo. No acto, organizado na programación “Somos o que lemos – Encontros coa literatura contemporánea”, participarán Xavier Seoane e Javier Pintor.

X. H. Rivadulla Corcón: «Tratei de ver o naufraxio a través dos ollos dunha nena». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Cando soa a buguina»

Cando soa a buguina, de X. H. Rivadulla Corcón, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Unha novela insólita, diferente e insubornable: «A realidade», de Manuel Darriba. Anotación na revista «Aí»

A guía de cultura, servizos e ocio en Ferrolterra Aí publicou no seu número de Abril de 2021 unha anotación asinada por Nicolás Vidal sobre o libro: A realidade, de Manuel Darriba, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Desbotando os estereotipos con humor e con sorpresas: «Un can», de  O Hematocrítico e Alberto Vázquez. Anotación de María Navarro no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Un can, de O Hematocrítico, con ilustracións de Alberto Vázquez, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Nus», de Manuel Gago e «A afogada», de Rocío Leira, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de abril

Nus, de Manuel Gago, e A afogada, de Rocío Leira, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril de 2021.

Elisa Kukinhas: «Da cociña galega destacaría a sinxeleza dos seus pratos e a calidade dos seus produtos». Entrevista en Radiofusión sobre: «A cociña do Camiño de Santiago» e «A viaxe culinaria de Kukinhas»

Radio Fene Radiofusión emitiu unha entrevista con Elisa Kukinhas sobre os libros: A cociña do Camiño de Santiago e A viaxe culinaria de Kukinhas, publicados por Xerais na colección Gastronomía. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.