Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2021

Rosa Aneiros: «Hai unha parte de `Sibila´ que consegue dar coas teclas que evocan determinadas sensacións e emocións no lector». Entrevista no «Diario Cultural» da Radio Galega

O programa Diario Cultural, da Radio Galega, emitiu unha entrevista de Helena Soto á escritora Rosa Aneiros sobre o libro: Sibila, publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Unha obra que me entusiasmou e recomendo vivamente: «Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde», de Xurxo Martínez González e David Rodríguez. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde de Xurxo Martínez González, con ilustracións de David Rodríguez, publicado por Xerais na colección Edicións Singulares   ‘Marxes.

Suso de Toro: «Penso que Ramón Baltar non foi un exemplo político, senón unha referencia ética». Entrevista no xornal «La Opinión» sobre: «Un señor elegante»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de José Manuel Gutiérrez ao escritor Suso de Toro sobre o libro: Un señor elegante, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Follas Novas (Narrativa), 2021 (Foto: Xoán Álvarez – La Opinión).

Unha novela que nos mantén apegados ás súas páxinas e que demanda a lectura dunha única sentada: «A afogada», de Rocío Leira. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha anotación sobre o libro: A afogada, de Rocío Leira, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2020.

Santiago Lopo: «Decidín escribir unha novela sobre a figura da carteira pero dándolle un toque actual, contando a dureza deste traballo». Entrevista en TeleVigo sobre: «A carteira»

O programa Plató Abierto, de Televigo, emitiu unha entrevista con Santiago Lopo sobre o libro: A carteira, publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Un libro de referencia para aqueles nenos e nenas que aman as letras: «Douche a miña palabra», de Fran Alonso e Bea Gregores. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Douche a miña palabra, de Fran Alonso, con ilustracións de Bea Gregores, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.   ‘Recensión: Fran Alonso e Bea Gregores, «Douche a miña palabra»   É evidente que algúns xéneros literarios non son moi habituais dentro das publicacións de literatura infantil e xuvenil.

Sinaturas na Feira do Libro de Vigo 2021

Do 1 ao 10 de xullo terá lugar en Vigo a Feira do Libro 2021 na que asinarán exemplares as escritoras e escritores:           María Reimóndez: xoves 1, ás 19:00 horas           Ledicia Costas: venres 2, ás 18:00 horas           Xurxo Martínez/David Rodríguez: venres 2, ás 18:00 horas           Fran Alonso: venres 2, ás 19:00 hor

A felicidade nun xunco: «O infinito nun xunco», de Irene Vallejo. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: O infinito nun xunco, de Irene Vallejo, publicado por Xerais na colección: Ensaio. O libro gañou o Premio Nacional de Ensaio 2020. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Retrato da Ribeira Sacra: «Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra», de Moncha Prieto. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra, de Moncha Prieto, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Manuel Darriba: A voz heterodoxa. Entrevista no xornal «Sermos Galiza» sobre: «A realidade»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Manuel Darriba sobre o libro: A realidade, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.

Novidade: «Nerea. O príncipe da sorte», de Pablo Prado e Miguel Rojo. Acompaña a Nerea nunha aventura chea de lambonadas, mocos e pingüíns, moitos pingüíns

Nerea. O príncipe da sorte de Pablo Prado e Miguel Rojo, é unha novidade da Colección Merlín de Xerais. O libro gañou o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. Unha poza sen fondo, un príncipe que pide ser rescatado, uns monstros que non se sabe o que din… Ou pode que si? E todo por non facer caso dos consellos dos seus pais.

Novidade: «Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope», de Xelís de Toro e Titimoki. A aventura de Paco Peco Pequeneiro cando un falcón miope o confunde cun lagarto e o leva preso ata o seu niño

Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope de Xelís de Toro, con ilustracións de Titimoki, é unha novidade da Colección Merlín de Xerais. Paco Peco Pequeneiro vai dar un paseo logo da merenda, cando un falcón o confunde cun lagarto e o leva preso ata o seu niño.