Menu Xerais

A aforística cinematográfica de «Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz. No blog de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog, Ferradura en tránsito, a aforística cinematográfica da novela Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.

 

Velaquí a aforística cinematográfica na novela de Agustín Fernández Paz. E procedencia.

Un consello, antes. Estes textos foron extirpados doutros máis longos, adquirindo novo contexto. Pois ben, deixen que estes textos revivan na súa vida, procúrenlles o novo contexto da súa vida.

Vai:

«Se a cabeza che di unha cousa, e  a túa vida che di outra, a cabeza sempre perde». De  Caio Longo (31)

……………………………..

«O home que non vive coa súa familia non pode ser un home». De O Padriño ( 31)

……………………………………

«Hai cousas que o pobo non pode enmendar, aquelas que nos feren moi dentro e deixan cicatriz» O señor dos aneis

………………………………………….

«A verdade é ás veces tan amarga que parece fel». Coa morte nos talóns

……………………………………………………..

Só ao soñar temos liberdade, sempre foi así, e sempre será así. O Club dos poetas mortos.

……………………………………………………………

Ás veces o mundo dos vivos mestúrase co dos fantasmas. Os outros

……………………………………………………………………..

O odio é un lastre; a vida é curta demais para estar sempre cabreado. American History X

………………………………………………………………………………

«Se non tivese tanto carto, podería ter sido un bo home». Cidadán Kane

………………………………………………………………………………………..

«Nunca coñeces realmente unha persoa ata que non levaches os seus zapatos e  camiñaches con eles.»  Matar un reiseñor.

………………………………………………………………………………………………….

Hai momnentos en que un home ten que loitar, e hai momentos en que debe aceptar que perdeu o seu destino, que o barco partíu, que só un iluso seguiría a insistir.» Big Fish

…………………………………………………………………………………..

«É curiosa a vida. Cando es neno o tempo non acaba de pasar. E logo, sen te decatares, tes cincuenta anos e da infancia o único que che queda colle nunha caixa enferruxada». Amélie

……………………………………………………………………….

«O amor: un ano de lume e paixón e trinta de cinsas». O  Gatopardo

………………………………………………………

» O amor non obedece ás nosas esperanzas. O seu misterio é puro e absoluto». De As pontes de Madison

………………………………………….

«Prefiro ulir  unha vez o seu cabelo, un bico dos seus beizos, un aloumiño da súa man, que toda unha eternidade sen ela» City of Angels

…………………

«Que pacífica sería a vida sen amor. Que segura. Que tranquila. E que insulsa.» O nome da rosa

…………………………

«Entrades cada noite nun estado de coma e soñades; mais de que vos serven os soños se nunca se realizan?» Terminator

…………………………………..

«Un home invisible pode gobernar o mundo! Coñecerei todos os segredos! Roubarei e matarei.» O home invisible.

…………………………………………

«É incrible o que un home pode chegar a facer  cando non ten que se mirar nunca máis no espello» O home sen sombra

………………………………………………….

«A vida dun home non vale nada se non vive de acordo coa súa conciencia» A gran proba

……………………………………………………….

«Os vellos soños eran bos soños. Non se cumpriron, mais alégrame saber que algún día os tiven» As pontes de Madison

……………………………………………………………..

«Non esquezan que, a pesar de todo o que lles digan,  as palabras e as ideas poden cambiar o mundo». O club dos poetas mortos

……………………………………………………………………..

«O pasado é algo que podemos lembrar pero non tocar, e todo o que se lembra é borroso e vago» Desexando amar.

……………………………………………………………………………….

«Todas as lembranzas son sucos de bágoas»  De 2046

………………………………………………………………………………………………

«Ata a persoa máis insignificante pode cambiar o curso do futuro» O señor dos aneis

………………………………………………………………………………..

«Nunca poderán acabar con nós nin esmagarnos. Sempre sairemos adiante porque nosoutros somos o pobo» As uvas da ira

……………………………………………………………..

«-Todo o mundo adora as súas ilusións

 -Que as adoran? Necesítanas igual que necesitan o aire!». De Sombras e néboa

Comentarios pechados