A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede
Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube). Dende o 18 de marzo de 2020, e coas etiquetas #envozpropia, #librosxerais, #literaturagalega, #quedanacasa, Xerais leva publicados 34 vídeos de autoras e autores editados nas distintas coleccións do seu catálogo.
A campaña foi recollida polos seguintes medios de comunicación:
- Nós Diario (22-abril-2020): #envozpropia: primeiras páxinas na voz das súas autoras.
- Noticias Vigo (22-abril-2020): #envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais.
- Galicia Confidencial (21-abril-2020): Aproveita a corentena para coñecer aos autores e autoras galegas en primeira persoa.
- La Voz de Galicia (26-marzo-2020): Xerais reta a sus autores a leer fragmentos de sus obras para todos sus lectores en Internet.
- CRTVG. Telexornal mediodía (21-abril-2020): Lecturas de libros, por iniciativa de Xerais, para a rede (41.12″).
- CRTVG. G24Noticias (21-abril-2020): Cada día un escritor de Edicións Xerais le o inicio dos seus libros para compartilo nas redes.
- Atlántico Diario (22-abril-2020): Edicións Xerais reúne máis de 30 escritores na rede #envozpropia.
- Faro de Vigo (23-abril-2020): Un día do libro dende a casa e especial.
- Nós TV (28-abril-2020): Xerais lanza unha serie de vídeos nos que os autores nos len un anaco da súa obra. (A partir do minuto 6,50″).
Podes acceder a todos os vídeos completos da campaña #envozpropia a través da canle de Xerais en YouTube, nesta ligazón.
Comentarios pechados