Menu Xerais

«A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo, e «Raíz da fenda», de Berta Dávila, Premios AELG ao mellor libro infantil e xuvenil e ao mellor libro de poesía

A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, na modalidade de mellor libro infantil e xuvenil, e Raíz da fenda de Berta Dávila, na modalidade de mellor libro de poesía, resultaron gañadores dos Premios AELG 2014 (que premian as mellores obras editadas en 2013), e que se fallaron o pasado día 3 no transcurso da Gala das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en Pontevedra. Na páxina web da AELG poden consultarse os libros gañadores en todas as modalidades.

Sermos Galiza informa desde a súa web do acto literario: «A entrega de premios confirmou A lúa da colleita de Anxos Sumai e Raíz de fenda de Berta Dávila como os libros máis premiados do ano. As dúas autoras ademais de recolleren os galardóns no apartado de narrativa e poesía subiron por segunda volta para recibiren os Premios da Crítica que desde a pasada edición se entregan tamén na gala da AELG. A novela de Sumai dérase a coñecer co premio García Barros e obra poética de Berta Dávila co Johán Carballeira» (…) «A todos os escritores e escritoras dedicoulle o seu premio Xabier P. DoCampo, o autor de A illa de todas as illas, que resultou merecente do premio á mellor obra de literatura infanto-xuvenil. “Aos que fan esta lingua máis universal”, lembrou, mentres negou a “galeguidade aos que a vituperan e insultan”».

 

 

 

Comentarios pechados