Menu Xerais

A oferta do catálogo de ebooks de Xerais medra día a día e inclúe a Rosalía de Castro

O catálogo dixital de Xerais medra día a día, e xa son arredor de trinta os títulos dispoñibles para lectores electrónicos e tabletas. A edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira para a colección Clásicos tamén está dispoñible desde hai algunhas semanas en formato epub, tal e como anunciamos a medidados de abril. O libro máis emblemático de Rosalía de Castro está preparado para abordar as novas formas de lectura e afrontar o futuro. Cantares gallegos pode ser descargado desde Amazon para os lectores Kindle, desde iTunes, para os dispositivos de Apple; e desde Todoebook para o resto dos lectores electrónicos, igual que sucede co resto dos títulos.

Recentemente, incorporáronse ao catálogo de ebooks de Xerais o revelador Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez; Arraianos, de X. L. Méndez Ferrín; Settecento, de Marcos Calveiro; Resistencia, de Rosa Aneiros; e Denso recendo a Salgado, de Manuel Portas. Xerais vai incorporando tanto libros de fondo como novidades.

Entre os próximos títulos dispoñibles, que en breve formarán parte do catálogo, poderan lerse en ebook,  As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes e Aire negro, de Agustín Fernández Paz, así como as vindeiras novidades de Narrativa, que se publicarán simultaneamente en papel e formato dixital: O anxo de Eva, de Marina Mayoral, Os xornalista utópicos, de Manuel Veiga, e Días que non foron, de Luís Rei Núñez.

 

 

Comentarios pechados