Menu Xerais

A profa presenta unha completísima guía de lectura de «Ás de bolboreta»

A profa acaba de presentar no seu blog unha completa guía de lectura de Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que contou coa colaboración da propia autora. A guía de lectura está dirixida, moi especialmente, para o seu uso didáctico co alumnado do 2º ciclo da ESO e Bacharelato. Con Ás de bolboreta, gañadora da última edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Rosa Aneiros foi seleccionada para formar parte da lista de honra The Withe Ravens, da Internationale Jugend Bibliothek.

A guía de lectura contén unha atractiva información sobre a autora (biografía, publicacións, premios, a autora na rede, etc) e diferentes contidos centrados no libro, cun índice para guiarse por ela antes da lectura, durante a lectura e despois da lectura (abranguendo aspectos como traxectoria, resumes, temas, valores, xeografía, cronoloxía, as historias, valoración, test, etc). Un completísimo e meritorio traballo que en Xerais valoramos moi positivamente.

Comentarios pechados