Menu Xerais

«A Veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda, por Dolores Vilavedra

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «O mundo dende outras perspectivas», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados. Reproducimos o referido a A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda.

Velaí Eva Moreda, quen se achega en A Veiga é como un tempo distinto a un tema pouco aproveitado aínda na nosa literatura, e cuxo potencial intúen as xeracións creadoras máis novas -no esquezamos o precedente de Xesús Fraga: a emigración galega a Europa nos sesenta. O interesante da novela de Moreda é que pon o foco na vida das rapazas galegas no Londres daquel tempo, e aínda o é máis o feito de que a fórmula enunciativa empregada nos permita descubrir como vían esa vida -entre estupefactos e admirados- os galegos do seu entorno, pois a autora escolle como punto de vista o dun paisano da protagonista que elabora todo o seu discurso dirixíndose a ela, a amiga da infancia, un personaxe no que superpoñen o pasado e o presente, Galicia e Europa, os soños e a realidade.

Comentarios pechados