Menu Xerais

Achegarse aos libros desde bebés: «Onde está Nubebebé?» e «O pintor de flores», de Anxo Fariña. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre os dous primeiros títulos da colección Gliz, de Anxo Fariña, destinada aos  pequenos e pequenas que inician o seu contacto cos libros: O pintor de Flores e Onde está Nubebebé?

 

Onde está Nubebebé? / O pintor de flores

Dous títulos dunha peque-colección de libros que Anxo Fariña presenta para a rapazallada máis pequerrecha, un achegarse aos libros para unha idade temperá. Onde está Nubebebé? / O pintor de flore, ambos os dous títulos publicados por Xerais, achegan unha unida familia de nubes aventureiras que estarán ben coidadiñas por un pastor de nubes chamado Gliz. Pero non pensedes que é tan doado exerces esta profesión… Non, ten os seus riscos, porque as nubes non paran quietas e pode ocorrerlles calquera cousa, dende perderse ata mancarse. Por iso o pastor terá que estar preparado para ser valente e ocorrente, porque a súa fidelidade será esencial para que a familia siga adiante.

Comentarios pechados