Actos de Xerais na III Feira do disco e libro galego de Monterroso
O sábado 17 de marzo, de 10:30 a 21:30 horas, n’A cúpula, Monterroso, terá lugar a III Feira do disco e libro galego de Monterroso na que Xerais organiza os seguintes actos:
13:15 horas, no Escenario, Cata literaria con Manuel Garrido autor de A Ribeira Sacra. Guía práctica.
13:45 horas, na Carpa, palestra de Xurxo Souto “Océano para terrícolas” baseada nos seu libros Contos da Coruña e Contos do mar de Irlanda.
17:50 horas, no Escenario, presentación do libro Pioneiras. Galegas que abriron camiño de Anaír Rodríguez.
19:15 horas, no Escenario, presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega e Daniel Salgado.
Comentarios pechados