Menu Xerais

Afectos e cicatrices persoais: «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón.

 

«ATRAVESAR O FANTASMA» [ CARLOS CALLÓN ]

Afectos e cicatrices desde a memoria

Unha sorte de crestomatía, persoal e lírica, que percorre tematicamente a metade dunha vida é o que ofrece Carlos Callón neste libro. Nel pendúrase o íntimo ao sol,  ábrense as portas a un discurso confesional que posibilita transitar polo experimentado, apelando ás revoltas da memoria como eixe que reconstrúe ese ronsel que deixaron momentos e descubertas. Non se esquece afondar na dimensión dos afectos nin esculcar na permanencia das cicatrices. Xaora, fican desveladas tamén conviccións que o paso do tempo e a vida axudan a crear.

Comentarios pechados