Menu Xerais

Agustín Fernández Paz, o primeiro galego incluído na antoloxía Best European Fiction 2012

Tal e como informaron diversos medios de comunicación, Agustín Fernández Paz é o primeiro autor galego que vai ser incluído na antoloxía Best European Fiction 2012, que edita a editorial Dalkey Archive Press. Agustín formará parte da antoloxía, que é responsabilidade de Aleksandar Hemon, co relato «Esta estraña lucidez», que forma parte do libro O único que queda é o amor. O libro foi traducido ao inglés por Jonathan Dunne. A devandita antoloxía aparecerá publicada no mes de novembro cunha tirae de 15.000 exemplares. Para Dunne, «Esta estraña lucidez» é formalmente máis anovador que outros relatos do conxunto, porque a voz narradora é o fantasma dun can. 


Comentarios pechados