Menu Xerais

«Aire negro», de Agustín Fernández Paz, unha lectura que engancha

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre de Aire negro, de Agustín Fernández Paz, reeditado na colección Narrativa.

 

Aire negro

Eu pensando que necesitaba un “chute” de novela negra para engancharme á lectura! Pois non, Agustín Fernández Paz fixo que me pegase ao libro ata que o rematei…este Aire negro revisitado polo autor despois de 16 edicións na súa forma anterior de Literatura Xuvenil e agora na colección Narrativa da mesma editorial Xerais, e en palabras do propio autor “unha novela que reescribín o verán pasado, dándolle vida nova a unha historia que nacera hai anos. Agora si me que deixa satisfeito, e máis con esa portada de Nosferatu, unha película que aprezo especialmente”. Como lectora, non teño máis que recomendárvola, sabendo quen é o autor e que está reescrita creo que sobra cada palabra miña. Simplemente que tedes garantido o enganche ao libro, e iso é máis que suficiente!

Comentarios pechados