Menu Xerais

Altamente recomendable para o alumnado de secundaria: «Endogamia 0.2», de Ramón Caride. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Endogamia 0.2, de Ramón Caride.

 

 

Narrativa de fondo social

Removendo as conciencias

No ano 2011 Ramón Caride Ogando comezou, con Exogamia 0.3, a súa inmersión nunha narrativa de fondo social que trataba temas, descubrimentos e problemas actuais dunha maneira suxestiva capaz de promover o debate tanto nos adolescentes coma nos adultos.

Se daquela os seus centros de interese foran a SIDA o cambio climático ou a internet,agora, en Endogamia 0.2 escolle a violencia de xénero, criticando o tratamento que lle dan os medios de comunicación e a hipocrisía da sociedade, a enerxía nuclear e a conseguinte destrución domedio e a enfermidade do Alzhéimer ligado ao comportamento deshumanizado da industria farmacéutica e dos investimentos en investigación.

Faino a través de tres relatos, o dun xornalista que consegue o documento gráfico da atroz condena sufrida por unha rapaza islámica, o accidente dunha central nuclear e o dun home dignosticado de Alzhéimer que só conta coa axuda da familia.

Os tres son presentados coas técnicas da novela máis urbana no que atinxe aos espazos, aos seus personaxes e á coloquialidade dos seus diálogos e o emprego oportuno de linguaxe científica. Esta recreación dende o literario de cuestións dunha importancia principal para a sociedade actual, convértena nunha obra altamente recomendable para o alumnado de secundaria, e para calquera lector ou lectora que procure literatura desa que remove a conciencia e non deixa indiferente a ninguén.

Paula Fernández

Comentarios pechados