Menu Xerais

«Amaranta, a carteira saramaganta», de Mau e Pin, na sección Un libro para cada día

Amaranta, a carteira saramaganta, de Mau e Pin. na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra.

Os cativos coñecen a natureza galega

Amaranta, a carteira saramaganta é a última entrega da colección sobre Galiza de Mau e Pin. Nesta ocasión, os primeiros lectores aprenden máis sobre a nosa natureza.

A saramaganta é un anfibio que só se encontra na histórica Galaecia. Amaranta, a carteira saramaganta utiliza este senlleiro animaliño para contarlles aos pequenos cousas curiosas da nosa natureza, combinando eses coñecementos con nomes senlleiros das nosas letras. De aí as diferentes homenaxes no libro ao Sapoconcho Sarmiento, a Miñoca Pondal, a Ra Rosalía ou o Sapo Cunqueiro.

O libro mestura paisaxes, xeografía e literatura e ademais de servir para a lectura, inclúe exercicios prácticos nun apéndice final.

Comentarios pechados