Menu Xerais

«Amor en alpargatas» e «Izan o da saca», finalistas do Premio San Clemente

Dúas das tres novelas finalistas da XXII edición do Premio literario San Clemente, na categoría de lingua galega, son obras publicadas por Xerais: Amor en alpargatas, de Manuel Portas, e Izan o da saca, de Xabier Quiroga. Canda elas está proposta tamén As últimas galerías, de Álvarez Cáccamo. No apartado de lingua estranxeira, as novelas finalistas son Irène, de Pierre Lemaitre; Judas, de Amos Oz; e A lei do menor, de Ian McEwan. En español, as novelas finalistas son Cicatriz de Sara Mesa; A oculta, de Héctor Abad; e Patria ou morte de Alberto Barrera. O fallo do premio será feito público o martes 8 de novembro ás 12,30 horas no Salón de Claustros do IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

Comentarios pechados