Menu Xerais

Anotación de Xosé Manuel Eyré sobre «Ninguén», de Fran Alonso

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha nova anotación sobre Ninguén, de Fran Alonso.

Fran Alonso, na Ninguén, pinta unha sociedade composta por individualismos solitarios. Fuxir dese cancro está nas nosas mans. Aquí aparéceseme a necesidade de contrastar Ninguén con Males de cabeza. Ver unha como evolución da outra. Que distingue a tolemia de Males de cabeza das soidades, dos mundos restrinxidos de Ninguén? Sen pensalo máis, o grao de elaboración do padecemento. Desde esa perspectiva, Ninguén pode ser lido adcrito ao xénero do terror. Por outra banda está a alta complexidade interna dunha narrativa, a de Fran Alonso, aparentemente sinxela no apartado formal. É, coma se dixeramos, o antídoto anti-Prous ( para que gastaches tanta tinta se cun soneto dabas conta do tema?), porque, en definitiva a obra de Proust non se alonxa nadiña da de Balzac nin a dos dous da de Fran Alonso, como retratistas sociais. Eles permítennos contrastar as sociedades, mais temos que facelo nós. Comprobar os distintos graos e maneiras en que temos que ser lectores activos, en Balzac, Prous e Fran Alonso, eis outra perspectiva crítica que me seduce moito.

Comentarios pechados