Menu Xerais

Anotacións de Xosé Manuel Eyré sobre «A Veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog diversas anotacións sobre A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda.

Se a anterior novela que lin , a de Manuel Portas, Un dedo manchado de tinta, vai medrando co pouso das páxinas, e ao remate ( xa se nota ultrpasada a metade) resulta discurso moito máis complexo e rico do que se podía ler anunciado nas palabras preliminares de Gonzalo Salgueiro, esta que teño agora entre as mans, A veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda, resulta todo o contrario: dcesde o comezo anúnciase gran discurso narrativo.

Xa o mesmo título deixa ver ese contido, o contido que nace dunha visión poética. Cousa que corroboran as palabras preliminares, que en si son un preciso microconto, o cal remite a que narrativamente falando non vai ser un totum revolutum senón que, pola contra, narrativamente falando vai ser moi consistente, moi consistente. .

Así se me manifesta no primeiro contacto. Naturalmente pode cambiar, mais non creo, non creo.

Outra cousa quero sinalar, Tal comezo dirixe a lectura cara unha esfera na que os sentimentos teñen unha grande importancia. Os sentimentos, ese motor que move o mundo. E engadirei unha cousa máis: os entimentos, esa cousa pequena, á que doitamos conceder pouca importancia. Pequena mais imprescindible, imprescindible se queremos seguir considerándonos humnos.

E conisto advertir que na súa lectura hai que estar moi atentos aos pequenos pormenores. Hai que estalo sempre, mais cando escribe un/unha poeta…moito máisporque é xente que ten moi presentes todos os valores da palabra, da palabra e do  texto, e polo tanto sabe que hai máis significados que o simplemente sumativo. Un ejemplo: a novela comeza co título, unha mención á terra nosa,  a Galiza, mais no índice todos os nomes son ingleses.

*

Xa chegando á parte final de A Veiga é como un tempo distinto, a novela de Eva Moreda que ando a ler esta semana, barallo unha serie de títulos alternativos, non por entender que o da autora teña algo de malo, nin moito menos, senón porque tamén é unha maneira de  informar sobre o contido da lectura.

Un deles é A importancia das ausencias. As personaxes andan a buscar o seu lugar no mundo, un mundo que antes, para moitas delas, fora A Veiga e agora é Londres: un universo descoñecido onde de pouco serve a aprendizaje vital anterior. Case todas vivcen de costas ás ausencias, viven a vida do día a día. E é Gelo, protagonista e condutor dunha historia coral que se nos conta desde os seus ollos, quen, tras casar con Rita, descobre a importancia das ausencias.

Antes, á altura de “Oxford Stret”, xogara con outro, A importancia de chamarse coma ti. É cando Elisa-Luísa-Louise pasa a ser simplemente Liz, na súa ansia por conquistar Londres, no seu ascenso a Oxford Street e o Marks and Spencer, o seu corazón. Porque o nome ten moita importancia, define. Vealí, por ejemplo que Gelo, como o patrón non lle gustaba Angel, que puido pasar a chamalo Hello, con parecido fonético evidente, lle pon Martin ( esguellado de Martínez). Mais sempre para o lector sera Gelo, o de Martin non pasa de algo anecdótico.

(…)

Comentarios pechados