Antonio Manuel Fraga: «Gusto dos personaxes extremos, que axudan a tomar partido». Entrevista
O xornal Diario de Ferrol (tamén nos xornais El Ideal Gallego e Diario de Arousa ) publicou unha entrevista de M.J.R /J.M a Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013 coa súa novela O Castañeiro de Abril, ilustrada por Antonio Seijas. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace. Antonio Manuel Fraga, que sinala as súas débedas literarias con Salinger e Cortázar, confesa que escribe cun horario de oito horas e que gañar o Premio Merlín foi un soño.
O autor confesa tamén na entrevista que gusta dunha tradición existente na literatura infantil na que os personaxes son «un pouco extremos, o que seu dúbida axuda a tomar partido».
Comentarios pechados