Menu Xerais

Antonio Reigosa: «As grandes marcas dítanos como temos que celebrar o Nadal». «Trece noites, trece lúas» en Radiofusión

Radiofusión, a programación das Radios Municipais Galegas, emitiu unha entrevista con de Antonio Reigosa  a raíz da publicación do seu libro Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, ilustrado por Noemí López.

A entrevista pode escoitarse aquí en mp3 aquí.

 

Antonio Reigosa: “As grandes marcas dítanos como temos que celebrar o Nadal”

Xerais publica “Trece noites, trece lúas”

En Nadal seguimos fielmente tradicións que non son moi tradicionais, segundo podemos descubrir nas páxinas de Trece noites, trece lúas; un libro, editado por Xerais, no que Antonio Reigosa pon as palabras e Noemí López, as ilustracións. Un exemplo atopámolo nos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar non se fixeron cun protagonismo dentro do amplo censo de repartidores de xoguetes ata o século XIX. “Santa Klaus ten moita máis antigüidade”, apunta Reigosa.

O que consideramos ceas típicas de Noiteboa ou Noitevella están compostas de produtos que ata hai relativamente pouco estaban prohibidos nesas datas do ano. A Igrexa impuxo unha vixilia, vixente ata 1918, que impedía comer nada de carne, coa única excepción do galo capado. De aí provén, explica o autor de Trece noites, trece lúas, a tradición da Feira do Capón de Vilalba.

A medida que a sociedade galega foi incorporando novos ritos, perdeu outros de seu, vinculados moitos deles á ilusión e as predicións relativas ao ano entrante. “Independentemente da relixión dominante en cada parte do mundo, o Nadal estase uniformizando de tal xeito que todos facemos practicamente o mesmo”, reflexiona Antonio Reigosa. “Obedecemos ao mercado, facemos caso ao ditado das grandes marcas que non só venden produtos, senón tamén comportamentos”, resume.

Escoitar a entrevista en mp3.

Comentarios pechados