Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”
Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.
A guía foi elaborada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) por encargo da Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Educación, a través do seu Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, que ten por obxectivo traballar na formación e na información do profesorado, e das nais e pais, cara á súa decidida implicación na consecución dunha escola coeducativa e igualitaria, na que desaparezan prexuízos de carácter sexista e que permita o desenvolvemento libre e integral das persoas.
Esta guía ofrece unha selección de libros publicados nos anos 2014, 2015 e 2016, distribuídos en tres tramos en función da idade ou competencia lectora. As obras escollidas alentan a reflexión e o debate sobre o papel da muller na sociedade ou o concepto de xénero e aportan referentes necesarios de mulleres, de novas masculinidades e diversidade de opcións sexuais.
http://www.galix.org/2019/06/guia-de-literatura-infantil-e-xuvenil.html
A guía pode consultarse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
De entre os 50 títulos que aparecen na guía, 22 pertencen ao catálogo de Xerais. Cada libro aparece cunha completa ficha de recursos:
Primeiras Lecturas
As redes de Inés
Lecturas Autónomas
Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros
Escarlatina, a cociñeira defunta
Esmeraldina a pequena defunta
Nena e o mar
Ovella descarreirada
Quen dá a quenda?
Sira e o robot. Adventures on Titan
Todo o tempo do mundo
Volvo! O regreso de Usha
Lecturas Expertas
Ámote Leo A. Terminal de chegadas?
Ámote Leo A. Estación de tránsito
As palabras poden matar
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
Norteáns
O camiño da Estadea. O regreso de Sheila e Said
Penúltimas tendencias
Tártarus
Xa non estou aquí
Comentarios pechados