Astérix e Obélix falan galego nun audiolibro publicado por Xerais
Xerais da un paso máis para o Astérix en galego coa publicación dun audiolibro coas aventuras do cómic titulado: O menhir de ouro ao que dan voz actores como Xerado Couto (Astérix); Tacho González (Obélix) e Antón Rubal (Aseguracenturix). Esta nova proposta quere atraer tanto aos fans de sempre como ás novas xeracións.
Un paso máis para Astérix en galego
Os actores Xerardo Couto (Astérix), Tacho González (Obélix) e Antón Rubal (Aseguracenturix) poñen voz aos habitantes da aldea gala máis famosa do mundo.
O Menhir de Ouro, publicado en 1967 como libro-disco, e case imposible de atopar dende aquela, permanecía inxustamente ignorado. Agora grazas a unha posta ao día e unha calibración das cores fiel ao acabado orixinal, déronlle a O Menhir de Ouro un baño remocicador capaz de atraer tanto a fans de sempre como a novas xeracións.
Ademais, para completar a experiencia e permitirlle aos fans das distintas xeracións vivir esta aventura tal e como a imaxinaron os seus creadores, realizouse unha nova gravación de audio de gran calidade para esta edición e que conta con voces excepcionais, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida.
Elenco de actores:
Xerardo Couto: ASTERIX
Tacho González : OBELIX
Antón Rubal: ASEGURACENTURIX
Montse Davila : PRESENTADORA
Gonzalo Faílde: RESTO DE PERSONAXES
O Menhir de Ouro en Audiolibro
I.S.B.N.: 978-84-9121-784-8
Código: 1377911
P.V.P: 0.99 €
Á venda en: https://www.kobo.com/es/es/audiobook/o-menhir-de-ouro-asterix-2
O Menhir de Ouro está dispoñible en papel nas principais librarías galegas. O libro inclúe un código QR que leva á páxina na que se pode mercar o audiolibro por 0.99 €
Máis información outros formatos:
Ebook https://www.xerais.gal/libro.php?id=6548509
ePub https://www.xerais.gal/libro.php?id=6548518
Comentarios pechados