Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría:

Unha bárbara achega necesaria e desenfadada á menstruación: «Bárbaras!», de María Reimóndez. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación de Inés Mosquera sobre o libro: Bárbaras!, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección Seica. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela moi persoal e orixinal na que a denuncia social se viste con roupaxes retranqueiras: «A carteira», de Santiago Lopo. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela A carteira, de Santiago Lopo, publicada por Xerais na colección Narrativa.

Un libro necesario e puntual na descuberta de comportamentos culturais e psicolóxicos dos labregos: «Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra», de Moncha Prieto. Crítica de Xosé Lois García

O escritor e crítico literario Xosé Lois García publicou na sección Entrambasaugas da revista En Común (nº 347 / Xullo 2021) unha anotación sobre o libro: Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra, de Moncha Prieto, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Intuía que podía chegar a vivir da literatura». Entrevista no blog: «De perdidos al libro»

Daniel P. publicou no seu blog, De perdidos al libro, unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre algúns dos seus libros, como Infamia, Conexión Macarrón e A balada dos unicornios, publicados por Xerais.   Ledicia Costas: «Intuía que podía chegar a vivir da literatura» “Chovía en alta definición”.

Xavier Seoane: «Os nenos son moito máis perceptivos para as artes do que cremos os adultos». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Cancións para Ana Lúa»

Cancións para Ana Lúa, de Xavier Seoane, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Irene Alonso: «Este libro foi a miña recompensa, aquí queda reflectido que sobrevivimos». Entrevista no xornal «Diario de Pontevedra» sobre: «As cicatrices do caranguexo»

  O xornal Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Sara Vila á escritora Irene Alonso sobre o libro: As cicatrices do caranguexo, publicado por Xerais na colección Merlín. Irene Alonso: “Este libro foi a miña recompensa, aquí queda reflectido que sobrevivimos” Do cancro do seu marido e a súa viaxe para superar un tumor de mama, Irene Alonso sacou un libro.

Cando os sentimentos camiñan da man dos criterios técnicos: «Sibila», de Rosa Aneiros. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha anotación sobre o libro:  Sibila, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Crítica, en principio pouco ortodoxa, da Sibila de Rosa Aneiros   Na crítica literaria os criterios técnicos deben guiar sempre o discurso. O resto son opinións, xuízos de valor, e polo tanto, dotados de pouca credibilidade.

Xurxo Martínez e David Rodríguez: «Queremos que a xente recoñeza nas rúas e prazas a memoria popular». Entrevista no «Faro de Vigo» sobre: «Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a  Xurxo Martínez González e David Rodríguez sobre o libro: Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde, publicado por Xerais na colección Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A vida mesma feita relato: «santoamaro», de Antonio Manuel Fraga. Anotación de María Navarro no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: santoamaro, de Antonio Manuel Fraga, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2021

Do 1 ao 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña 2021 na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1, domingo 18:30 horas: María Canosa asina As pombas de Bastián, Unha fábrica de bicos e o resto da súa obra. 18:30 horas: Yolanda Castaño asina Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias e o resto da súa obra.

Rosa Aneiros: «A novela non é unha distopía, é unha realidade caricaturizada onde falo de cousas que xa están pasando hoxe en día». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «Sibila»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego coa escritora Rosa Aneiros sobre o libro: Sibila, publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

«Cando soa a buguina», de X. H. Rivadulla Corcón e Viki Berre, recomendación de lectura de Radioleiros

Os responsables do programa de divulgación cultural Todo está nos libros, de Radioleiros, animaron á lectura do libro: Cando soa a buguina, de X. H. Rivadulla Corcón, con ilustracións de Viki Berre, publicado por Xerais na colección Merlín. A recomendación pode verse nesta ligazón.