Publicado o 18 Febreiro, 2021 nas categorías Básicos Ciencia, Entrevistas, Obras de referencia, Radio
O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor e profesor Juanjo Lamelas sobre o libro: Cóntame un conto cuántico, publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 18 Febreiro, 2021 nas categorías Blogs, Críticas, Ensaio, Obras de referencia
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Despoxos e vísceras ilustres, de María Xosé Queizán, publicado por Xerais na colección Ensaio.
Ler máis →
Publicado o 17 Febreiro, 2021 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves 25 de febreiro a partir das 21:00 horas no Facebook Live da librería Abrente terá lugar o faladoiro literario na rede arredor da novela Un señor elegante de Suso de Toro.
No acto participarán Suso de Toro, Fran Alonso e Elena Bangueses como moderadora.
Ler máis →
Publicado o 17 Febreiro, 2021 nas categorías Fóra de Xogo, Infantil, Novidades, Xuvenil
Non cantan paxaros neste bosque, de Carlos Negro, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais.
O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente.
Ler máis →
Publicado o 17 Febreiro, 2021 nas categorías Narrativa, Novidades
A realidade, de Manuel Darriba, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais.
Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura.
Ler máis →
Publicado o 17 Febreiro, 2021 nas categorías Entrevistas, Infantil, Sopa de Libros, Xuvenil
O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista asinada por Ana Baena coa escritora Ledicia Costas sobre o libro: Criando malvas. Os Minimortos, publicado por Xerais na colección Sopa de libros.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 17 Febreiro, 2021 nas categorías Biografía, Críticas, Crónica
O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Maite Rodríguez sobre o secuestro do trasatlántico portugués Santa María polos galegos Xosé Velo e José Fernándo Fernández Vázquez, con mención ao libro: Pepe Velo, de Antonio Piñeiro, publicado por Xerais.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 16 Febreiro, 2021 nas categorías Axendas, Críticas, Televisión
A escritora e xornalista Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre unha selección de recomendacións literarias deste ano 2021, con mención a dous libros publicados por Xerais: Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias e Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos.
A súa intervención pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 16 Febreiro, 2021 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Fran G. Sas ao escritor Serafín Parcero sobre a novela As illas dos deuses, publicada por Xerais na colección: Narrativa.
A entrevista pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 16 Febreiro, 2021 nas categorías Álbums, Blogs, Críticas, Infantil, Pequeno Merlín, Xuvenil
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.
.
Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D.
Ler máis →
Publicado o 16 Febreiro, 2021 nas categorías Críticas, Crónica, Xornalismo
O Boletín do Centro de Formación e Recursos da Coruña publicou unha anotación sobre o libro: Zona a Defender, de Manuel Rivas, publicado por Xerais na colección Crónica – Xornalismo.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 15 Febreiro, 2021 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Café Barbantia publicou unha anotación de Pilar Sampedro sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro, publicado por Xerais na colección: Narrativa.
«Un señor elegante», de Suso de Toro
Suso de Toro acostuma cambiar a maneira na que transitar o territorio literario en cada obra, de aí que sempre entremos nos seus libros como quen abre unha porta ao descoñecido.
Ler máis →